HomeCulturaEste domingo "Valente e Rebelde" na casa da cultura de Monforte con...

Este domingo “Valente e Rebelde” na casa da cultura de Monforte con motivo do 8M

O Concello de Monforte acollerá a segunda peza teatral incluída dentro do programa de actividades do 8M, mañá domingo, 10 de marzo, ás 6 da tarde no Salón de Actos da Casa da Cultura, coa obra Valente e rebelde, da compañía Trémola Teatro

Publicado o

POR
Redaccion
- Advertisement -

Dende o Concello de Monforte, a través da concellería de Muller e Igualdade e o CIM, e en colaboración coa concellería de Cultura, programouse, co gallo do “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero” unha nova representación teatral, dado o éxito que están a ter este tipo de iniciativas culturais.

Deste xeito, este domingo, 10 de marzo, ás 18:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura vaise levar a cabo a representación teatralValente e rebelde da compañía Trémola Teatro, que terá unha duración de 50 minutos, será con entrada gratuíta e irá dirixida ao público familiar.

Algunha vez quixeches descubrir o que escribe a túa irmá maior no seu libro secreto? Anita atopouno e descubriu que escribe e debuxa sobre o seu personaxe favorito. Poderías adiviñar cal é? As dúas actrices que desenvolven a representación teatral darán vida a mil e unha aventuras a través de xogos e disfraces para demostrar que o mellor é ser Valente e Rebelde.

Trémola Teatro é unha compañía creada a finais do 2017. As súas fundadoras, profesionais das artes escénicas, coñecéronse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) mentres realizaban estudos de interpretación. A compañía creceu, e actualmente a compoñen catro actrices máis. Coa mesma ilusión que ao principio, Trémola Teatro non para de percorrer Galicia e Madrid cos seus espectáculos.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...