HomeCulturaO Trece Roeis Fest avanza o cartel do seu 5º aniversario

O Trece Roeis Fest avanza o cartel do seu 5º aniversario

Neste primeiro avance, a organización do Trece Roeis Fest anuncia sorpresas a caras ben coñecidas para os seguidores do festival, Vizcaíno, Festicultores Troupe, TIAM GZ, Amoebo ou os últimos gañadores da Batalla 13R, os Exeria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización do Trece Roeis Fest no seu 5º aniversario, destaca a chegada a terras pantonesas da banda de trash vasca S.A. abreviatura de Soziedad Alkoholika. Tamén veñen celebrar o seu 30 aniversario os madrileños Sôber da man de Savia e Skizoo.

Fillas de Cassandra, con 4 nominacións nos premios MIN (Premios de Música Independiente) aterrizan por primeira vez no escenario do Trece Roeis Fest. E tamén por primeira vez, encherá a Ribeira Sacra coas rimas máis audaces a tenerfeña, Sara Socas.

Ao escenario do Trece Roeis Fest tamén subirán Rebeliom do Inframundo, Arrythmia e outra voz nova neste festival, a de Pauliña.

Na cita que conta coa colaboración d Xunta de Galicia, Concello de Pantón, Deputación de Lugo e El Águila, contarase como noutras edicións con catas de viño e degustacións gastronómicas, feiras de artesanía e actividades infantís.

A venta de entradas xa está activada a través da web https://treceroeisfest.com/ e actualmente mantense una promoción de 20€ + máis gastos de xestión.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...