HomeCultura“As cegas de Ouselle” despediuse este sábado en Gundivós

“As cegas de Ouselle” despediuse este sábado en Gundivós

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegou este sábado a Gundivós o último concerto do ciclo “As Cegas de Ouselle”, que se despidiu tras percorrer Lugo, Samos e Bonxe. A deputada de Cultura Iria Castro participou nesta última xornada que serviu de encontro entre olería e música.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O forno da Reitoral de Gundivós acendeuse e serviu de punto de encontro para estas actividades que incluíron a actuación da agrupación tradicional de Aldara Palmeiro (violín e voz), Miguel Lustres (acordeón e voz) e Antón Castro (zanfona e voz), que interpretaron repertorios tocados e cantados polas coñecidas como cegas de Ouselle nas feiras de antano mentras as persoas asistentes viron como se remataban as pezas enfornadas o venres.

Esta xornada de portas abertas na Reitoral de Gundivós deu continuidade ás celebradas en semanas pasadas en Bonxe e Samos, que “serviron para visibilizar a diversidade da tradición oleira das comarcas de Lugo”, destacou Iria Castro.

Así mesmo, recordou que este ciclo complementouse coa publicación do volume “Formas tradicionais da olería popular. Terra Cha. Bonxe”, coordinado por Hixinio Flores Rivas e Orlando Viveiro Veiga e editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Esta actividade está incluída no marco da mostra “Conciencia dunha tradición: olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós” que se pode visitar no Vello Cárcere ata o 17 de maio.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N, é o slogan da campaña que inclúe...

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...