HomesociedadeUso seguro e saudable da Tecnoloxía nos máis novos, este 30 de...

Uso seguro e saudable da Tecnoloxía nos máis novos, este 30 de maio na casa da cultura de Monforte

A Asociación cultural, educativa e social aulABERTA organiza para este xoves, día 30 de maio, ás 20:15 na Casa da Cultura de Monforte á charla-obradoiro co profesor Antonio Rial Boubeta, que abordará como promover un uso seguro e saudable da Tecnoloxía na infancia e a adolescencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O uso temperá das denominadas TRIC (Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación) adoita traer consigo problemas a nivel emocional e de convivencia, especialmente nun período vital tan crítico como é a infancia ou a adolescencia. Tal e como veñen advertindo organismos como a OMS, a UNESCO ou UNICEF, o uso intensivo e sen supervisión das redes sociais ou dos videoxogos pode derivar en hábitos de vida menos saudables, maiores taxas de ansiedade e depresión, un aumento do acoso escolar e o ciberacoso, violencia filioparental ou mesmo dar lugar a novas formas de adicción.

A tecnoloxía constitúe unha ferramenta de apoio indubidable no ensino, pero un uso excesivo das pantallas pode dar lugar paradóxicamente a máis dificultades de aprendizaxe e a un peor rendemento académico.

A sociedade está mudando e as familias tamén. Adquirir conciencia crítica e tomar partido é unha tarefa obrigada. Afastado por igual de alarmismos e de “buenismos”, dende un enfoque responsable e pragmático, na charla-obradoiro o profesor Rial Boubeta exporá datos reveladores a este respecto, convidándo a reflexionar como comunidade, na procura dun uso equibrado, saudable e responsable da tecnoloxía na infancia e a adolescencia.

Antonio Rial Boubeta é doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de mais de 140 artigos en revistas científicas de impacto internacional e director de 21 teses de doutoramento, foi responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade e as adiccións, dende o Uso problemático de Internet, as redes sociais o ciberbullying, ao consumo de alcohol e sustancias.

ÚLTIMAS

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...