HomeMedio ambiente e PatrimonioPreséntase o cartel da coroación canónica da Virxe dos Remedios da Ermida...

Preséntase o cartel da coroación canónica da Virxe dos Remedios da Ermida en Quiroga

Esta semana, a case dous meses para coroación canónica da Virxe dos Remedios da Ermida, un grupo de fregueses das terras de Quiroga desprazouse a Santiago de Compostela, co fin de presentar o cartel desta celebración, obra do artista malagueño D. Francisco Naranjo Beltrán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia foron recibidos por D. Valentín García Gómez que manifestou o seu apoio á que será a primeira coroación canónica integramente en galego na diocese de Lugo.

O autor do cartel, D. Francisco Naranjo Beltrán, é un dos artistas mais prolíficos e celebrados na cidade de Málaga. A súas propostas, en contra do habitual, están cheas de significados e símbolos, e todo o reforza con figuras xeométricas, especialmente os círculos. Así o mestre Naranjo sempre pretende ir mais alá dun fiel retrato da Virxe e do Divino Infante. “A súa experimentación pictórica está enfocada a unha obra de influencias “Pop” con referencias á carteleira clásica. As cores planas, súas técnicas de experimentación serigráfica traducidas en pintura de cabalete, son os seus rasgos más distintivos”, apuntan os fregueses.

No presente proxecto empregou técnica mixta, tinta, acrílico e lapis de cor sobre táboa para executar esta obra. A paleta de cores resólvese en tons vermellos e azuis dando especial importancia ao branco.

O soporte orixinal da composición é unha táboa de 120 x 60 que ten como centro da súa composición a Nai de Deus sobre unha media lúa. No seu brazo dereito sostén o Neno que se estende sobre o seu peito e cóbreo cos brazos e coas mans. Mentres, a nai coa man esquerda sostén unha pomba dourada. Tanto a Virxe como o Neno visten túnica branca con bordes dourados e forro vermello. A túnica de María ábrese sobre o peito para aleitar. “Ademais viste un manto azul, esa cor significa a verdade divina, aquelo que é eterno e a inmortalidade do home. A Virxe leva o manto por ser raíña do ceo e da terra”, sinalan os fregueses.

Flanqueando a Nai de Deus encóntranse as Pampórnigas, unha parella de xigantes, de longos corpos e brazos. O home fuma en pipa mentres que a muller presenta a singularidade de levar colgando dos beizos un acio de uvas. Esta parella acompaña á Virxe na procesión da Ermida despois do Meco; figura que na composición contemplamos diante de María, de xeonllos

Os xigantes sosteñen coas súas mans as lenda “Rosa das rosas e Fror das frores, Dona das donas, Sennor das sennores”, a mesma que lucirá a Virxe dos Remedios no nimbo co que será coroada o 9 de setembro, e que corresponde coa primeira estrofa da Cantiga nº 10, das Cantigas a Santa María de Alfonso X.

Cartel coroación canónica da Virxe dos Remedios da Ermida

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...

Monforte anuncia 25.000 euros en premios para o Entroido 2026

Comeza a conta atrás para o comezo do Entroido, e con el chegan os...