HomeCulturaExposición pictórica de Anabel Álvarez en Monforte

Exposición pictórica de Anabel Álvarez en Monforte

A mostra leva por título "Percorridos, do real ó imaxinado" e estará do 6 ao 27 de setembro no espazo +60 de Abanca da cidade do Cabe.

Publicado o

- Advertisement -

O espazo +60 da Fundación Abanca acolle este do 6 ao 27 de setembro a exposición de pintura “Percorridos, do real ó imaxinado” da pintora de Pantón e residente en Monforte, Anabel Álvarez Goyanes.

A mostra recollerá unha recopilación da obra que realizou ao longo de dúas décadas. Algunhas son de recente creación e outras reúnense para esta mostra na que poderemos ver pinturas e collages de  estilos que van do realismo á abstracción.

Inaugúrase este venres 6 de setembro e estará aberta de luns a venres no espazo +60 da Fundación Abanca, Rúa Cardenal, 18 2º andar.

BIO ARTÍSTICA

Anabel Álvarez é Licenciada en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra e dende entón profesora de Educación Secundaria en Monforte de Lemos, na especialidade de Debuxo. Do 2015 ao 2017, tamén profesora asociada da Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Didáctica da Expresión Artística da Facultade de Formación do Profesorado en Lugo.

EXPOSICIÓNS RECENTES

Na Fundación Abanca, na galería de arte Defímeras de Santiago de Compostela, en Studio  RGF en Madrid, no espazo expositivo da Fundación Progreso y Cultura da sede central de UGT, tamén en Madrid e na Salita de Xixón, onde a súa obra foi seleccionada para unha mostra de arte abstracto.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...