HomeCultura"Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo", este 12 de setembro na...

“Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo”, este 12 de setembro na Casa da Cultura

A actividade é posible logo de que na última asemblea do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o Concello monfortino solicitara este tipo de actividades. Así na casa da cultura proxectaranse catro curtametraxes vencelladas a proxectos de cooperación internacional que se desenvolven en Guatemala, baixo o título de “Cine na rúa: Cine e Cooperación. Unha ventá ao mundo”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte acollerá este xoves, 12 de setembro, ás 20:30h unha actividade de cine na rúa. As curtas de “Cine e Cooperación. Unha ventá ao mundo” abordarán diversas temáticas de gran relevancia, como a soberanía alimentaria, a seguridade e hixiene alimentarias, o dereito a unha vivenda digna, o dereito á auga e o dereito á educación. Todas estas cuestións estarán relacionadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Explica Gloria Prada que “o obxectivo principal desta actividade é poñer en valor a Cooperación Internacional que levan a cabo as entidades galegas, grazas ao apoio de concellos como o de Monforte de Lemos, a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade”.

“Neste senso”, salienta a Tenente de Alcalde, “buscamos concienciar á veciñanza en xeral, e á mocidade en particular, sobre as distintas problemáticas que se dan en países como Guatemala, así como as accións de axuda e cooperación desenvoltas por organismos como o Fondo Galego”.

A intención é amosar como esta cooperación se fundamenta no acompañamento ás organizacións e entidades contraparte dos países onde se traballa, fuxindo dos paternalismos e asistencialismos, traballando man a man para, entre todas, dar resposta ás problemáticas detectadas.

A ubicación desta actividade estaba prevista no espazo público do Cuadrado, pero trasládase á casa da cultura pola climatoloxía.

A actividade terá unha duración aproximada dunha hora e media. Despois da proxección das curtametraxes seleccionadas, as persoas asistentes terán a oportunidade de participar nun coloquio. Este espazo permitirá que compartan as súas impresións, que formulen preguntas e dialoguen coas técnicas do Fondo Galego, quen estarán presentes para facilitar a actividade e fomentar unha conversa enriquecedora arredor das temáticas tratadas.

ÚLTIMAS

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...