HomeCulturaConcerto de Lucía Pérez este 14 de setembro en Chantada e do...

Concerto de Lucía Pérez este 14 de setembro en Chantada e do 13 ao 15 desenvólvese a IX edición do FICH

“Despois duns meses de xullo e agosto nos que aproveitamos a boa climatoloxía para traer a Chantada numerosas actividades musicais, culturais e de lecer, segue setembro con interesantes actividades onde a música é protagonista e seguimos levando o ambiente a novos espazos para diversificar a oferta cultural”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cantante do Incio, Lucía Pérez, que comezou a súa andaina na música ao gañar o concurso «Canteira de Cantareiros» da TVG no 2002, actuará na rúa Rosalía de Castro, na parte pegada á rúa Uxío Novoneyra, ás 21:00h do día 14. Por este motivo a rúa Rosalía de Castro estará cortada ao tráfico desde as 12:00h. ata unhas horas despois da actuación. Co concerto patrocinado pola AGADIC, Lucía Pérez presentará en Chantada a xira “Na miña pel”. O concerto é de entrada libre e gratuíta.

Chantada acolle tamén entre o 13 e o 15 de setembro unha nova edición do FICH, Festival Independente de Chantada co que colabora o Concello de Chantada. O FICH, que pretende visibilizar unha escena underground na que non se pon o foco habitualmente traerá a Chantada nomes como: Dunkelwald, Devalo, Tzetze, CMA+M8, Skanderani, F11N05, Steven García, Death Whistle, DJ De la Muerte, Lacón sin Jrelos, VRK, Eme SX, Scairon Johanson, Dj Tristón, Muy Frágil, Champi DJ, Tita y Bambina, Jor Ginho, e The Fakes. Estes últimos protagonizarán o domingo 15, na rúa Leonardo Rodríguez, o clásico vermú que conta sempre coa participación activa do público. Como en anos anteriores os concertos desenvolveranse na Praza da Paz, na terraza do Casino Círculo Cultural e Recreativo de Chantada e en adegas Amedo.

O alcalde destaca a colaboración do Concello de Chantada con este tipo de actividades que traen ao municipio a numerosas persoas que durmen, comen e conviven en Chantada durante a celebración, “O Festival trae moita xente a Chantada e tamén é un impulso para os grupos locais porque a maioría dos grupos de Chantada pasaron polo FICH. Algo similar acontece co Castañazo Rock que se celebrará en Chantada o 1 e 2 de novembro”.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...