HomeCulturaO 'Bóveda Slam Poetry' terá representación no 'Poetry Slam Estatal'

O ‘Bóveda Slam Poetry’ terá representación no ‘Poetry Slam Estatal’

'Galego de Caracas', representará ao certame de Bóveda no XIII campionato Poetry Slam España, un evento no que competirán 32 sedes do estado.

Publicado o

POR
Xosé Casar (Piteira)
- Advertisement -

Bóveda Slam Poetry chegou a Bóveda en marzo de 2023 coa intención de achegar a poesía escénica ao rural e converter Bóveda nunha das máis de trinta sedes de Poetry Slam que hai no estado. Dende marzo, convocou seis encontros que remataron en decembro. No mes de xaneiro Bóveda Slam Poetry empezou a segunda tempada, xa inscrita na asociación Poetry Slam España, que finalizou o pasado mes xullo, cunha Gran Final da que saíu clasificado o poeta que participará no slam estatal.

XIII CAPIONATO POETRY SLAM ESPAÑA

Trinta e dúas cidades, trinta e dúas sedes, dezaseis en cada unha das dúas semifinais que terán lugar os días 17 e 18 de outubro no salón de actos da Escola Técnica Superior de náutica de Santander, competirán a golpe de versos no XIII campionato estatal de Poetry Slam España. De cada unha das semifinais clasificaranse sete, catorce poetas en total, para a final que se celebrará no paraninfo do Palacio de la Magdalena, na tarde do sábado 19 de outubro.

Bóveda Slam Poetry estará representado por primeira vez no campionato estatal de Poetry Slam, e farao coa participación do poeta Galego de Caracas, pseudónimo que emprega habitualmente nas súas intervencións, Simón Rodríguez Landaeta. Simón, que interviu con asiduidade no Bóveda Slam Poetry, clasificouse na Gran Final de xullo para participar no campionato estatal e intervirá na primeira semifinal do 17 de outubro. Dende a organización estamos moi contentos de ver Bóveda no campionato estatal, xunto a trinta e unha cidades máis, dúas delas coruñesas, Santiago de Compostela e máis Carral.

Dende Bóveda desexámoslle ao noso poeta, Galego de Caracas, moita sorte e que desfrute moito nesa gran xuntanza; e aproveitamos tamén para emprazarvos para a nova tempada do Bóveda Slam Poetry que empezará a terceira tempada o vindeiro mes de novembro.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...