HomeCulturaA Xudaría de Monforte en La2 este 13 de outubro ás 12:00h

A Xudaría de Monforte en La2 este 13 de outubro ás 12:00h

Este domingo, 13 de outubro, ás 12:00 h estrearase o segundo capítulo da serie documental  “Caminos de Sefarad, Diario de un Ciclista II”, adicado á Galicia, e no que a zona de ámbito xudeu de Monforte de Lemos será unha das protagonistas, xunto cos catamaráns da Deputación de Lugo, do embarcadoiro de Ponte do Sil na Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presenza do Concello de Monforte neste documental, que supón unha importante acción promocional, foi froito da colaboración do Concello e a produtora que levou a cabo a rodaxe da mesma, cun investimento por parte do Concello de 3.000 euros.

Neste senso, o Alcalde salienta “que está previsto a difusión desta serie documental, e polo tanto, do capítulo onde Monforte ten o seu protagonismo, non só en La 2 de Televisión Española, senón que tamén foi xa estreada na canle especializada Bike Channel  e está previsto o seu estreo en Escapa TV en novembro, na liña de autobuses de Alsa no último trimestre de 2024, así coma nas liñas de longo percorrido e AVE de RENFE ou en Only Distrib. Tamén está dispoñible na canle de youtube do Centro Sefarad Israel.” Trátase, polo tanto, dunha promoción internacional moi salientable, xa que ademais a serie permanecerá colgada na plataforma dixital de Radio Televisión Española, con difusión mundial.

(Bike Channel emite vía satélite para Europa e Oriente Medio; Escapa TV é unha televisión de pago, dispoñible en 193 operadores de TV por cable en España; Only  Distrib é unha compañía francesa de distribución internacional a canles lineais e non lineais).

Esta serie documental consta de 13 episodios de 40 minutos de duración cada un. A ciclista e xornalista especializada en ciclismo, Ainara Hernando, é a encargada de conducir este “Bike Trip” por toda a península, mostrando as riquezas que os municipios teñen nos seus conxuntos medievais, cun patrimonio histórico, artístico, ambiental e cultural, herdanza das comunidades sefardíes que as habitaron, así como as actuais.

ÚLTIMAS

O Mercado de Nadal de Quiroga péchase con éxito e pénsase na continuidade

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de...

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...