HomeCulturaÉxito da actuación de regueifas en Ribas de Sil

Éxito da actuación de regueifas en Ribas de Sil

Foi o pasado venres, 11 de outubro, no Salón de Actos da Casa do Concello. Organizaban conxuntamente o Concello de Ribas e Sil e o Concello de Quiroga dentro dun programa de Normalización Lingüística financiado pola Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baixo o título de “Regueifas de Bergantiños a Ribas de Sil e a Quiroga“, tivo lugar en San Clodio, o pasado 11 de outubro, unha actuación de improvisación oral que encheu o salón de actos da Casa do Concello de Ribas de Sil.

Roberto Castro, Tenente-Alcalde e Concelleiro de Cultura de Ribas de Sil, e Xosé Manuel Fernández, Concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga, foron os encargados de presentar a actividade, realizada dentro do ciclo de propostas para fomentar o uso do galego que se incluiron nun Servizo de Normalización Lingüistica creado conxuntamente polos dous municipios.

Roberto Castro e Xosé Manuel Fernández, na presentación. Foto: RMTQ

Lupe Blanco e Suso de Xornes, dous expertos regueifeiros galegos, foron os encargados de entreter á veciñanza dos dous concellos que se achegaron a ver un espectáculo que resultou novidoso para moitas e moitos dos presentes. Aínda así, quedaron encantados, e gozaron non só cos piques entre Lupe e Suso, senon coas referencias retranqueiras que fixeron cara ao público meténdose, sempre con respecto, con eles.

Os regueifeiros chegaron da man da asociación Oral de Galicia e a actividade estivo patrocinada pola Xunta de Galicia que financiou a creación do Servizo de Normalización devandito.

A regueifa é a manifestación máis estendida en Galicia da secular arte popular da improvisación oral en verso, da que se atopan referencias desde a Antiga Grecia. Este feito levou a entidades, como por exemplo ‘Oral de Galicia’, a recuperar esta tradición, difundila con obradoiros e actuacións e incluso colaborar na celebración do Certame Internacional de Improvisación Oral en Verso que organiza en Vigo anualmente o Centro Veciñal e Cultural de Valadares.

ÚLTIMAS

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...

CCOO e Esperta Monforte denuncian que o concello contratara a “unha empresa pantasma” para o servizo de limpeza dos colexios públicos

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO Lemos ve con preocupación que a...

Adif remata un paso superior en Bóveda que permite eliminar tres pasos a nivel

A nova infraestrutura dá continuidade á estrada LU-P-2910, que comunica os núcleos de Bosende...

Representacións teatrais, un novo club de lectura e actividades nas parroquias para a programación do Outono Cultural de Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil vén de fai pública a súa programación cultural...