HomeMedio ambiente e Patrimonio“Simboloxía do románico de Taboada” preséntase este 19 de outubro na casa...

“Simboloxía do románico de Taboada” preséntase este 19 de outubro na casa da cultura da localidade

Este sábado, 19 de outubro, preséntase na Casa da Cultura de Taboada (18.00 horas) o libro “Simboloxía do románico de Taboada” de Xosé Lois García, editado polo Servizo de Publicacións da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada, Iria Castro, acompañará ao autor chantadino que califica o románico de Taboada “como un dos máis interesantes do centro de Galiza” e que exporá o contido da publicación, centrada na iconografía das igrexas románicas taboadenses: Taboada dos Freires, San Xián do Campo e Castelo; as tres con elementos característicos do obradoiro do mestre Pelaxio, Piñeira, Bembibre, Cerdeda e Bouzoa.

A responsable provincial explicou que “é primordial contar con materiais divulgativos para que esta riqueza patrimonial chegue a todas as persoas e se propicie a súa protección. O coñecemento é base para dispór políticas transversais de preservación e posta en valor do patrimonio”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...