HomeCulturaPreséntase a programación de Nadal do Concello de Monforte

Preséntase a programación de Nadal do Concello de Monforte

Este ano, un dos eventos destacados volven ser os concertos a cargo de grupos monfortinos, que actuarán na rúa Cardeal a partir das 8 da tarde, concretamente 7Rojo o sábado 21 de decembro e Movilla y los Irrepetibles o sábado 28 de decembro. Tamén serán novidosas as actividades do Mercado de Nadal que acollerá a Praza de Abastos os días 21, 22, 28 e 29.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer este venres en rolda de prensa ante os medios de comunicación a Programación para este Nadal 2024-2025.

Na Praza de Abastos terá lugar, durante 2 fins de semana, o Mercado de Nadal, “que se desenvolverá os sábados e domingos do 21 e 22 e 28 e 29 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 20:30h. “O noso obxectivo é fomentar as compras desta época nas tendas da nosa localidade, promovendo o comercio local. Para iso queremos fusionar animación e ocio co comercio nas instalacións dos Mercados da Praza de Abastos, tal e como xa vimos facendo nas últimas edicións, nas que o éxito de participación e ventas foi moi destacado” salientou a Tenente de Alcalde. 

No Mercado de Nadal poderanse atopar todo tipo de propostas para regalar este Nadal e ademais diferentes actividades para todos os públicos.

Sábado 21 de decembro:     

  • 12:00 h- Obradoiro infantil de pintura e creación de árbores de Nadal.
  • 18:00 h- Actuación de Duende Circo co espectáculo “Pallaso Total”.
  • 19:00 h- Obradoiro de Cociña-Showcooking “Aperitivo de Nadal”.

Domingo 22 de decembro:

  • 12:00 h- Obradoiro artesanal para decoración de Nadal.
  • 18:30 h- Actuación de Peter Punk para toda a familia.

Sábado 28 de decembro:

  • De 12:00 a 14:00 e de  17:00 a 20:30 h- Pistas de Scalextric.
  • 18:30 h- Espectáculo de Títeres Alakrán.

Domingo 29 de decembro:

  • De 12:00 a 14:00 e de  17:00 a 20:30 h- Pistas de Scalextric.
  • 18:30 h- Espectáculo de maxia co mago Roberto Lolo.

O segundo dos eventos que destacou a Tenente de Alcalde na súa intervención foi o ciclo de Concertos na Rúa, que darán comezo co remate do Mercado de Nadal, e celebraranse os sábados 21 e 28 de decembro, contando cos seguintes grupos monfortinos:

  • 7Rojo, actuará o sábado 21 de decembro a partir das 8 da tarde na rúa Cardeal.
  • Movilla y los Irrepetibles, actuará o sábado 28 de decembro a partir das 8 da tarde na rúa Cardeal.
RESTO DE PROGRAMACIÓN

A Concelleira de Cultura deu conta do resto do programa de actividade de Nadal, que se inicia coa convocatoria do Concurso de Beléns para centros de ensino da cidade. Os máis pequenos da casa poderán volver a participar un ano máis no xa tradicional Certame de poesía infantil “Nadal 2024”, convocado dende a Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro.

Como xa é tradición, a Asociación Albores foi a encargada da decoración navideña de parte do vestíbulo da Casa do Concello. Ó igual que nos últimos anos, J. Antonio Dávila levou a cabo a montaxe dun Belén Diorama, que estará exposto dende mañá 13 decembro de 2024 ó 8 de xaneiro de 2025 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

A 24ª Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino terá lugar o xoves, 19 de decembro as 6 da tarde no Edificio Multiusos.

O Teatro terá catro citas: “Copacabana” do grupo de teatro Viraventos, o 14 de decembro ás 8 da tarde, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. “Saíndo do cerco” de Teatro do Miolo, o 18 de decembro ás 20:30 horas, na  Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. “Coa música a outra parte” de Trécola producións, o 26 de decembro ás 6 da tarde no Auditorio do Edificio Multiusos. E o 3 de xaneiro, ás 6 da tarde, “Cachopo máxico” de Lilá Teatro, na Casa da Cultura.

O tradicional Festival de Nadal 2024, correrá como todos os anos a cargo do Conservatorio Municipal e celebrarase o venres, 20 decembro, ás 8 da tarde no Edificio Multiusos. O Concerto de Corais Nadal 2024 será o sábado 21 decembro ás 7 da tarde na Igrexa Nosa Señora da Antiga coas actuacións do Coro Ensamble Vocal Gijón, o Coro de Voces Graves de Vigo e a Coral Polifónica Concello de Monforte.

O luns, 23 de decembro, ás 8 da tarde, a Casa da Cultura acollerá un Recital Lírico a cargo da soprano Emilia Pérez, quen estará acompañada ó piano por Lucas López. É un concerto organizado pola Sociedad Filarmónica, en colaboración co Concello de Monforte.

O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados da Praza de Abastos durante a mañá do sábado, 24 de decembro.

O Concerto de Ano Novo correrá a cargo da Orquestra Clásica de Vigo “A Clásica”. Organizado pola Sociedad Filarmónica de Monforte en colaboración co Concello, celebrarase o venres 3 de xaneiro de 2025 ás 8 da tarde no Edificio Multiusos.

O humorista Alberte Montes, ofrecerá o seu espectáculo “Patrón” a partir das 8 e cuarto da tarde do venres 27 de decembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Finalmente, un dos días máis agardados será o domingo, 5 de xaneiro, coa celebración da Cabalgata de Reis. Os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte ás 17:30 horas. O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:30 horas dende a Praza da Estación ata chegar ó Concello, á praza Campo de San Antonio. Un pouco máis tarde, ás 19:30 h., as Súas Maxestades lerán o seu discurso dende o balcón da Casa Consistorial e recibirán ós nenos e nenas en recepción oficial na planta baixa do Concello.

Finalmente o luns 6 de xaneiro ás 11 horas a igrexa do “Hogar San José. Hermanitas de los Ancianos Desamparados” acollerá a Misa e Concerto de Reis, a cargo da Coral Polifónica do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...

Javier Arias e o piloto Eduardo Iglesias entregan agasallos de Nadal aos nenos e nenas ingresados no HULA

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o piloto Eduardo Iglesias...

O PP de Monforte pedirá a derogación da nova normativa que rexe o rexistro de viaxeiros

Os concelleiros do PP de Monforte defenderán no pleno que a corporación inste ao...