HomeCultura“Mesturas” do pintor Manuel Cerviño na Casa da Cultura de Chantada

“Mesturas” do pintor Manuel Cerviño na Casa da Cultura de Chantada

A exposición pode visitarse durante todo o mes de xaneiro, de luns a venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e os sábados de 10:00h a 14:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres pola tarde inaugurouse na Casa da Cultura de Chantada a exposición “Mesturas” do pintor de Bueu, Manuel Cerviño. Ao tempo o artista presentou o libro “Tú, mi gran obra”, para este acto o autor estivo acompañado polo poeta de Chantada, Paco Ledo.

A exposición ofrece unha colección de óleos sobre lenzo de diversas temáticas, paisaxes, fauna e figuras humanas nas que destaca o estilo realista do pintor que desempeña a súa faceta laboral no mundo da xardinaría botánica no Pazo de Lourizán. As cafeterías e centros culturais preto da súa contorna foron os primeiros en amosar o seu traballo, que agora chega a Chantada.

Mesturas / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...