HomeCultura'Tradigalu', a iniciativa que promove a música tradicional e popular na provincia...

‘Tradigalu’, a iniciativa que promove a música tradicional e popular na provincia de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición de Tradigalu, que levará actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais polas distintas comarcas ata final de ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área de Cultura reforza o programa Tradigalu deste ano, programa que contará cun 350.000 euros de orzamento –100.000 máis que na última anualidade– e que ten como principal obxectivo promover e difundir a música popular e tradicional, fomentando a súa presenza nas programacións musicais e culturais de asociacións e concellos.

A deputada Iria Castro destacou que “ampliamos a dotación do programa, que o ano pasado volveu ter unha gran demanda por parte das asociacións e concellos e que xenera unha parte importante da actividade das agrupacións de música tradicional, fundamentais na conservación do noso patrimonio musical”.

Iria Castro. Foto: Prensa Vicepresidencia Deputación de Lugo.

A responsable de Cultura lembrou que “en 2024,Tradigalu permitiu programar máis de 250 actuacións, consolidándose como unha das principais vías de apoio á celebración de festas e celebracións populares nas aldeas e parroquias das distintas comarcas, desde festas patronais ata foliadas, polavilas ou magostos”.

DE INTERESE PARA ACCEDER AO PROGRAMA

As asociacións e colectivos interesados poden consultar as condicións sobre o programa ao detalle na web da Deputación de Lugo e trasladar as súas demandas a área de Cultura a través do enderezo cultura@deputacionlugo.gal. A área de Cultura asume o 80 por cento do custo da actuación. Asociacións, comisións de festas e concellos deben aboar aos grupos o 20 por cento restante.

SOBRE TRADIGALU

Tradigalu é unha iniciativa de carácter itinerante e integradora dentro do ámbito territorial comarcal provincial, pensada para complementar e/ou espallar a programación cultural de natureza musical ás 13 comarcas da provincia de Lugo, xerando sinerxias para o desenvolvemento económico, para a promoción musico-cultural e para fomentar a integración e o benestar social ao permitir o acceso á cultural musical de toda a cidadanía.

Neste Programa poden participar grupos corais, grupos de música tradicional e bandas de música radicadas na provincia de Lugo e cuxas actuacións percorrerán o territorio das 13 comarcas da Provincia.

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo aboará aos grupos participantes o 80% do total do custo das actuacións, sempre que se acredite a realización da actividade. O 20% restante do custe deberá ser asumido polo interesado da actividade, responsabilizándose de facerllo efectivo ao grupo actuante. No caso de que houbese algún incumprimento de carácter económico por parte do interesado, a Deputación só se fará cargo do pago do 80% da aportación económica comprometida.

ÚLTIMAS

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...