A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago, veñen de presentar o programa das das XXIII Xornadas Pedagóxicas que se celebran os días 7,14, 15 e 23 de maio no Museo Fortaleza San Paio de Narla e no Pazo de Tor, baixo o título “Museos situados. Educación e territorio”
Unha trintena de profesionais da educación de centros de ensino -desde os centros de infantil e primaria ata as facultades de Formacion do Profesorado -, museos -Museo do Prado, Museo Massó, Centro de Arte María José Jove ou o Museu d’història de la immigració de Catalunya – e entidades do ámbito social – Cogami – compartirán prácticas e visións sobre o papel dos museos como institucións para a dinamización do territorio, a educación patrimonial, a Internet como medio para a salvagarda do patrimonio ou a mirada feminista na actividade educativa dos museos.
Iria Castro e Encarna Lago destacaron “a traxectoria da xornadas, que a Rede Museística impulsa desde hai vintetrés anos para reforzar os vínculos entre a comunidade educativa e os museos para facer un mapa de aprendizaxe e coñecemento común, dando a coñecer os recursos que ofrecen os museos para incorporalos á ensinanza en diferentes contextos de aprendizaxe”.
O programa compleméntanse con outras actividades artísticas e lúdicas, ligadas ao territorio, como unha cata didáctica teatralizada de viño da Ribeira Sacra coa enóloga Cristina Murga e oas artistas Eva Veiga, Carlota Pérez, Davide Salvado e Adriana Paulos
As xornadas contan con 20 prazas reservadas para profesorado, a través do CFR. Ofértase outra vintena de prazas para alumnado de titulacións relacionadas con estas materias e para persola de museos, que deberán inscribirse a través do enderezo electrónico comunidadermpl@gmail.com

Xornadas pedagóxicas, presentación 2025 / Vicepresidencia Deputación
Programa completo
Mércores, 7 de maio (San Paio de Narla). “Memoria común, patrimonio e territorio”
16:00 h. Saída de Lugo e viaxe ao Museo de San Paio de Narla.
16:45 h. Presentación das xornadas e entrega de material.
17:00 h. Mesa compartida, a través dos proxectos de:
• CEIP San Miguel de Reinante, Proxecto “Explorador@s por Barreiros”. Noela Fernández Soto.
• CEIP Francisco López Estrada (O Barqueiro, Concello de Mañón), Proxecto “Cartas de Ultramar”. M. Soledad Díaz López e Olga Rodríguez Comí.
18:15 h. Conversa e debate
18:30 h. Mesa compartida a través dos proxectos de:
IES San Rosendo, “O IES San Rosendo e a Rede Museística Provincial: conexións educativas e proxectos en común”. Mar Corbelle Valiño e Paula Alvite Alvite.
Asociación REBINXE, “REBINXE: educación, biodiversidade e comunidade local”. María Bouso Posada e Óscar Chao Penabad.
19:45 h. RMPL: Visita guiada cocata didáctica teatralizada,“Memoria común, patrimonio e territorio” Soterradas, Gorrións contra falcóns: Eva Veiga, Carlota Pérez, Davide Salvado, Adriana Paulos
Cata de viño de Ribeira Sacra pola enóloga Cristina Murga.
20:30 h. Debate
21:00 h. Clausura
Mércores, 14 de maio (Pazo de Tor). “Universidade na acción educativa: investigación, sostibilidade e territorio”
16:00 h. Saída de Lugo e viaxe ao Pazo de Tor
17:00 h. Mesa compartida con:
• Alicia López Pardo, “As mestras da Montaña. O movemento Freinet en Galicia”
• Bernardo Penabade Rei, “Intervención educativa Palabra e Memoria”
18:15 h. Conversa e debate
18:30 h. RMPL: VISITA GUIADA, Relatos á marxe: “Soterradas: a vida tras os labirintos mentais”
19:15 h. “Ciencia á Feira: un proxecto de educación científica interxeracional e comunitaria”, Grupo de innovación docente XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC, Elena Freire Paz (USC – Área: Antropoloxía Social) e Helga Peral Varela (Xuvenlab)
19:50 h. Sergio Lago Varela, presentación do novo Museo da Migración da RMPL: “Un museo sen muros: migración, educación e transformación social”
20:30 h. Debate
21:00 h. Clausura
Xoves, 15 de maio (San Paio de Narla). “Educación e xénero”.
16:00 h. Saída de Lugo e viaxe ao Museo de San Paio de Narla.
17:00 h. Carme Adán Villamarín, “Ensinar a mirar como acto feminista”
17:30 h. Mesa compartida con:
• Belén Castro Fernández, USC, Dpto. de Didácticas Aplicadas, Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
• Taller Daulloa – Cogami, “Inevitable: abordaxe educativa sobre a problemática social con relación á diversidade sexual e de xénero”
18:30 h. Conversa e debate
18:45 h. RMPL, Caixas de aprendizaxe: Contos e sabores nas lareiras.
19:15 h. Mesa compartida con:
• “O Museo Massó enfócase”, Covadonga López de Prado Nistal, directora do Museo Massó.
• “Feminismos no tempo”, Noelia Darriba García (Cooperativa AtaliAS e Corporación Avezar)
20:30 h. Debate
21:00 h. Clausura
Venres, 23 de maio (Pazo de Tor) “Do museo ao territorio: proxectos de comunidade”.
16:00 h. Saída de Lugo e viaxe ao Pazo de Tor.
17:00 h. Mesa compartida con:
• “Ecosistema: un achegamento ao programa educativo do Centro de Arte Fundación M. José Jove”. Alba Cacheda González, Responsable de Educación y Mediación / Centro de Arte da Fundación María José Jove
• Proxecto “Del valle al Prado”. Ana Moreno Rebordinos, Coordinadora Xeral de Educación do Museo del Prado
18:15 h. Conversa e debate
18:30 h. RMPL: VISITA GUIADA, Do castelo ao pazo: foros e privilexios da fidalguía
19:15 h. Museo Provincial do Mar de San Cibrao, “Somos escola, somos comunidade: facemos territorio”
19:45 h. “Cartografías compartidas”, Imma Boj, directora do Museu d’història de la immigració de Catalunya (MhiC).
20:30 h. Debate
21:00 h. Clausura