HomeCulturaSarria acolle o 18 de maio o Festival Move os Marcos

Sarria acolle o 18 de maio o Festival Move os Marcos

Mover os marcos do cotiá, remexer conciencias, tecer redes de afectos e gozar do lecer en comunidade. Baixo esas premisas, Sarria acollerá o vindeiro domingo -18 de maio – o festival Move os marcos, impulsado pola Vicepresidencia da Deputacón de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Música, literatura, activismo e gastronomía conxúganse no programa deste encontro pensadoo para convocar público de toda Galiza que se inspira na lembranza do promotor cultural sarriao, Marcos López, figura imprescindible da edición e do audiovisual galego nas dúas últimas décadas.

Os concertos de Mondra, de estrea co seu segundo album “De Ronda”, e o cuarteto De Vacas locen nun elenco de propostas fiadas pola reivindicación da diversidade e dunha produción cultural comprometida coa lingua e o territorio, que se desenvolverán entre o parque do Chanto e O Meigallo.

Move os marcos inclúe actividades e espazos para a creación e a reflexión, con intervencións artísticas colectivas ou unha palestra sobre dereitos das persoas LGTB e dereitos linguísticos nun contexto de auxe dos discursos de odio, e unha ampla axenda pensada para a cativada, con contacontos, construción de xoguetes sonoros,  obradoiros creativos e espazos de lecer libre.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e a deputada de Cultura, Iria Castro, veñen de presentar Move os marcos como “unha conxunción de música e actividades que reivindican o poder transformador da cultura e que converterán Sarria nun punto de encontro para público de toda Galiza nunha fin de semana de reivindicacion e de celebración da lingua e da cultura propia, pola celebracion do Día das Letras Galegas”.

Os responsables provinciais destacaron “a calidade da proposta musical con Mondra e De Vacas, referentes da fornada de artistas que están a revolucionar o panorama da música en galego” nun programa “artellado coa premisa de crear unha axenda que anime ao público a quedar en Sarria durante toda a xornada”

Move os marcos conta tamén coa implicacion do tecido cultural e asociativo de Sarria, con actuacións de Peleriños e a colaboración de Meigas e Trasgos. O recinto do festival acollerá tamén unha zona gastronómica cunha selección de produtos da comarca. O Festival desenvólvese conforme ao seguinte programa:

11.30 h. Alborada. AC Peleriños de Sarria.
Bulevar-Malecón-Parque do Chanto
12.00 h. Pregón do inicio da festa
12.30 h. Recital Canto en Parada. Peza escénica multidisciplinar. Luis Alonso (poesía) e Rafa Mallo (percusión)
12.45 h. Parolada diversa: Move os teus marcos.
Participan Carlos Callón (escritor e profesor), Daniela Fernández (historiadora e investigadora da memoria LGTB en Galiza), Braulio Vilariño (organización Festival Agrocuir), Ana Ojea (coordinadora da Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galiza), Chené Gómez (ONGD Creat Apoio Psicosocial a través da arte en Gaza). Modera: Eva Mejuto (xornalista, escritora e activista)
14.30 h. Sesión vermú e xantar festivo. A Duendeneta Dilleis
16.00 h. Visita guiada á exposición Galegoza. A canción en galego
16.30 h.  Pandereteiras AC Peleriños de Sarria
17.00 h.  De vacas
18.00 h. Mondra
19.00 h. De Vacas & Mondra nunha colaboración especial e inédita para Move os marcos

Actividades para a cativada

12.30 h. Sesión de contos. O conto do Traxugas. César No
12.30 h. a 14.30 h. Obradoiro Xoguetes Sonoros: asubío de abelá, carrizo de noz e ruxerruxe.
16.30 h. Obradoiro. Retrato en Collage Palestina. Taller creativo para traballar en parellas a técnica do collage.
18.00 h. Obradoiro. Abano de cores.

Outras actividades

As outras voces. Exposición fotográfica sobre o traballo da ONGD Creart na franxa de Gaza.
Artivista “Enlázate a Gaza”. Intervención artística colectiva arredor da situación do pobo palestino.
Tecer sobre o valado: Galiza. Intervención artística colectiva con elementos naturais e coloridos en valados instalados no espazo do festival.
Andel de cores. Libraría Galicia 1932. Espazo de venda de libros.
Zona Gastro. Espazo con produtos de alimentación seleccionados da comarca

ÚLTIMAS

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...

Outeiro, o Mazo e Soldón, en perigo, no lume descontrolado que ameaza o Courel

A Serra do Courel, unha das xoias ecolóxicas de Galicia, volve a estar en...

20.000 hectáreas levan ardidas co incendio que comezou en Larouco o día 13

Cos datos provisionais que ofrece este 19 de agosto a Consellería de Medio Rural,...