HomesociedadeTaboada enxalza a cultura do viño do 23 ao 24 de maio...

Taboada enxalza a cultura do viño do 23 ao 24 de maio nunha nova edición de Raizames

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio (Acimta) organiza a terceira edición de Raizames, Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, que se celebra en Taboada durante a fin de semana do 23 ao 25 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante tres días desenvolveranse distintas actividades de dina,mización, como catas e degustacións; a proxección do documental Taboada, de Ribeira a Ribeira; unha ruta cultural que fusiona arte e viño; ou un encontro de mulleres profesionais do sector.

Tamén se realizará a queima dunha facha organizada pola asociación As Fachas de Castelo e haberá varios concertos, entre eles os dos grupos Mediarea ou Andhrea and The Black Cats.

Raizames ofrece propostas para os amantes do viño e para as profesionais do sector, como espazo de encontro con outras compañeiras e compañeiros: adegueiras, viticultores, enólogas, sumilleres, gastrónomas e hostaleiros.

“Para quen elixa os encontros de ti a ti, as historias narradas en primeira persoa, os territorios explicados polas persoas que os habitan e os proxectos presentados polas almas que lle deron forma”, explican desta a organización.

Programa

Venres, 23 de maio

  • 18.30h. Apertura e inauguración do III Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, RaizameS.
  • 19.00h. Descoberta de instalación fotográfica Retrátate (Praza de Riazón)
  • 20.00h. Proxección documental “Taboada de ribeira a ribeira” de David Pinancho (Auditorio da Casa Cuartel)
  • 21.00h. Cata guiada (Casa da Cultura)

Sábado, 24 de maio

  • 10.00h a 13.00h. Roteiro “Canta arte se agocha nunha cunca de viño”. Percorrido cultural do viño, con intervencións artísticas sorpresa e cata guiada. (Saída e regreso á Praza de Riazón en autobús, previa inscrición)
  • 12.00h a 16.00h. Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón). Degustación dunha coidada selección de viños da Ribeira Sacra, contados por voces expertas.
  • 14.00h. Concerto Mediarea (Praza de Riazón)
  • 17.00h. Encontro “O viño, con nome de muller(Praza de Riazón). Participan: Xulia Bande, viticultora e adegueira; Cristina Mantilla, enóloga; Andrea Obenza, viticultora e adegueira; Mariña Fernández, sumiller; Rocío Cadahía, xornalista. Cata guiada, con nome de muller.
  • 18.30h. Espazo infantil e familiar, “A viticultura a través dos sentidos(Praza de Riazón)
  • De 19.00h a 23.00h. Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón). Degustación dunha coidada selección de viños da Ribeira Sacra, contados por voces expertas.
  • 21.30h. Concerto, Andhrea and The Black Cats (Praza de Riazón)
  • 23.00h. Queima dunha facha (Praza de Riazón). Asociación As Fachas de Castelo

Domingo, 25 de maio

  • 11.00h. Encontro espazo adegas “O viño, embaixador do territorio”  (Pazo de Bembibre). Participan: Primitivo Lareu, Adega Sabatelius; Gema Campos, Adega Alouviño; Roberto Flammini, Adega Alma das Donas; Ana Belén López, Consello Regulador Ribeira Sacra; Rebeca Vázquez, Fundación Belarmino Fernández
  • De 12.00h a 16.00h. Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón). Degustación dunha coidada selección de viños da Ribeira Sacra, contados por voces expertas.
  • 14.00h. Concerto, O Coro da Rá (Praza de Riazón)
  • 15.30h. Brinde de feche do Encontro (Praza de Riazón)

Interviron no acto de presentación, Miguel Pavón, Presidente de ACIMTA; Roi Rigueira, Alcalde do Condello de Taboada; Manuel Diéguez, Concelleiro de Cultura do Concello de Taboada, e Noa López, protudota do Encontro. Participaron tamén os directores territoriais da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Vázquez Nodal, e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, que destacaron a colaboración do Goberno galego dende que se puxo en marcha a iniciativa. A colaboración provincial estivo respalda por María pilar Carcía Porto, Deputada de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo e Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...