HomeCultura'II Certame de Relatos Manuscritos' organizado por Peruchela Edicións

‘II Certame de Relatos Manuscritos’ organizado por Peruchela Edicións

Poderán participar, do 25 de maio ata o vindeiro 25 de xullo de 2025, escritores e escritoras a partir de 8 anos presentando os seus relatos manuscritos. Aquí detallamos as bases do certame.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Despois do éxito colleitado na primeira convocatoria, o pasado ano, Peruchela Edicións vén de presentar a segunda edición do seu Certame de Relatos Manuscritos. O prazo para participar comeza o 25 de maio e estenderase ata o vindeiro 25 de xullo de 2025 podendo presentar os seus relatos manuscritos, cun máximo de dúas follas escritas nun só lado en tinta azul e con ortografía coidada, aqueles escritores e aquelas escritoras maiores de 8 anos que o desexen.

BASES DO CONCURSO
1. Participantes: aberto a persoas a partir de 8 anos.
2. Categorías: Infantil (8–14 anos) e Adultos (a partir de 15 anos).
3. Formato: manuscrito en tinta azul, máximo dúas páxinas (dúas follas a unha cara).
4. Tema: libre.
5. Ilustración opcional: pódese engadir unha terceira páxina con debuxo orixinal do autor.
6. Envío: o orixinal escaneado a cor ao correo edicion@peruchela.es ou en sobre pechado (“2º Certame de Relatos Manuscritos”) a Rúa Doutor Casares, 58, 27400 Monforte, en man ou por correo ordinario.
7. Datos do autor: nome, apelidos e correo electrónico (admite pseudónimo), que irán nun sobre separado do relato.
8. Cotas de participación: máximo dous relatos por autor, un en galego e outro en castelán.
9. Os textos deben ser orixinais e inéditos.
Valoración e premios O xurado, integrado por tres persoas vencelladas ao mundo das letras, valorará cada relato sobre 10 puntos: 4 ptos: claridade e facilidade de lectura, 4 ptos: calidade narrativa e estilo, 2 ptos: creatividade.
Librería Pelayo. Foto cedida.
FALLO E PREMIOS

O fallo darase a coñecer publicamente o 10 de agosto de 2025 en www.libreriapelayo.com, redes sociais e demais medios de comunicación.

Está previsto un orzamento total de 400 € en premios por categoría: 100 € para o primeiro premio, 70 € para o segundo e 30 € para o terceiro (canxeables por artigos na Libraría Pelayo). Ademais, se houbese máis de 30 participantes, editarase un libro coas obras finalistas e cada autor recibirá un exemplar de agasallo.

Dende a organización lembran tamén que a participación neste certame implica a aceptación plena das bases.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...