HomeCulturaDobre cita cultural este 13 de xuño na Casa da Cultura de...

Dobre cita cultural este 13 de xuño na Casa da Cultura de Chantada

Este venres, 13 de xuño, ás 19:00h inaugúrase na Casa da Cultura de Chantada a exposición "Fuera de Serie" da artista, Crystilandia. Unha hora despois presentarase na Biblioteca Pública Municpal, a nova edición de "Apuntes da historia de Chantada" por Manuel Formoso Lamas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, 13 de xuño, ás 19:00h, inaugúrase na Casa da Cultura de Chantada unha nova exposición de pintura da artista Crystilandia. A mostra que leva por título “Fuera de serie” preséntanos, como explica a autora, a “mulleres surrealistas que buscan a plenitude rodeadas de naturezas vivas e fetiches; mulleres intuitivas e salvaxes, que adoran ás forzas da natureza, onde acadan o equilibrio; mulleres cheas de desexo de empoderamento, ou mulleres empoderaras cheas de desexo…”

Crystilandia chega á Ribeira Sacra a comezos dos 90 atraída pola necesidade de cohabitar coa natureza. O seu percorrido profesional lévaa polo deseño e a reciclaxe de mobiliario, a restauración de retablos e imaxes, a artesanía ou a decoración. Na actualidade céntrase na súa principal paixón, a pintura na que traballa acrílicos e pigmentos naturais, que nos seus tons máis intensos, crean un universo máxico-realista. A súa obra mestura o filosófico, o cómico e o ornamental, para dar unha visión onírica da realidade. “Fuera de serie” pode visitarse desde comezos de mes e ata o día 30, de luns a venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e os sábados en horario de mañá (10:00h a 14:00h).

Exp Crystilandia / Concello de Chantada

Nova edición de “Apuntes para la historia de Chantada” por Manuel Formoso Lamas

A Biblioteca Pública Municipal “Xoán de Requeixo” de Chantada acolle este venres, 13 de xuño, ás 20:00h, o acto de lanzamento dunha nova edición do libro. O libro publicábase por primeira vez en 1905, celébrase así o 120 aniversario da publicación orixinal e os 175 anos do nacemento do autor, que foi correspondente da Real Academia Galega en Chantada e mestre da escola completa da vila entre 1884 e 1910.

Esta nova edición reproduce integramente o texto orixinal e inclúe, a maiores, unha reseña biográfica do autor e ilustracións de Alejandro García-Pérez, Lucía Lobelle González, Mariana Suárez Cornilliac, Jon González Arroyo e Cristina Ouro Gómez. O deseño e maquetación é de Martín Varela Rodríguez. O acompañamento musical das palabras será de André Espiñeira (guitarra).

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...