HomeCulturaCasa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

Na Biblioteca Pública Municipal de Chantada entregáronse esta semana os premios do Certame das Letras Galegas 2025, que organizou a Biblioteca en colaboración coa Biblioteca Provincial. Antón Rodríguez Fernández resultou un ano máis premiado na fase provincial de narración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle para adaptarse á tempada de verán. Así, desde o 1 de xullo, a Oficina de Turismo abrirá de luns a venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 18:00h. Nas fins de semana e festivos, o horario será de 10:00h a 14:00h.

Por outra parte a Biblioteca Pública Municipal abrirá as súas portas de luns a venres en horario de 9:00h a 15:00h. Os/as usuarios/as da sala de estudo poderán usar as instalacións nos horarios de tarde, fins de semana e festivos da Oficina de Turismo.

Casa Cultura Chantada / Concello de Chantada

Precisamente na Biblioteca Pública Municipal de Chantada entregáronse esta semana os premios do Certame das Letras Galegas 2025. Da entrega encargouse o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, que felicitaba aos premiados/as, “sempre é un orgullo recoñecer o traballo das nenas e nenos que destacan polas súas narracións e debuxos, agradecemos a participación de todos/as. En Chantada temos canteira para a escrita con alumnos como Antón Rodríguez Fernández que un ano máis resultou premiado na fase provincial de narración”.

Relación de premiados no Certame de Narración:

Categoría A

  • 1º Xulia Rodríguez Fernández
  • 2º Zhoe Figueiras Vázquez

Categoría B

  • 1º Antón Rodríguez Fernández

Relación de premiados no Certame de Debuxo:

Categoría A

  • 1º Xulia Rodríguez Fenández
  • 2º Dayanne Feliú Benítez
  • 3º Alba Fernández Rodríguez

Categoría B

  • 1º Antón Rodríguez Fernández
  • 2º Ánder Pérez Ochandategui
  • 3º Ana Veiga Otero

Exposición Madeiras de Muller (MOXOM)

A Casa da Cultura de Chantada acolle do 1 ao 31 de xullo a exposición Madeiras de Muller, obra de MOXOM. Xosé Manuel Rodríguez Mojón, nado en Ourense en 1964, leva máis de 30 anos tallando a madeira de forma autodidacta. As súas madeiras saen de encoros, camiños e leiras de toda Galicia; dándolle unha nova vida a pezas que xa eran refugallos e que transforma en creacións artísticas únicas.

Moxom leva feitas unhas 80 exposicions por toda Galicia, Portugal e Madrid, despois de ter creado case 3000 pezas. Nesta ocasión na mostra de Chantada poderánse ver “arredor de 35 obras de colgar, de peanas e de pé. Esculturas de épocas distintas e orixinais que crean un mundo feminino moi especial”, explica o autor.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...