HomeCulturaO alcalde de Sober acompañou aos gañadores das Bolsas Culturais Internacionais "Pintor...

O alcalde de Sober acompañou aos gañadores das Bolsas Culturais Internacionais “Pintor de Castinandi”

Foi o pasado 31 de xullo e estivo acompañado pola representante de La Plantación, Elisa Pereira. Esta entidade organizou un taller de fotografía na Casa de Rosende, actividade na que puideron participar os gañadores das devanditas becas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a representante de La Plantación, Elisa Pereira, estiveron días atrás cos gañadores da 5ª edición das Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ Verán 2025. As mesmas recaeron en Valeria Andreina Rueda Rincón, nacida en Caracas, aínda que vive en Ourense desde os 18 anos; Steffan Abella Abad (Ponferrada, León); e Mara Vecoña Vieira de Ourense.

As becas, dirixidas a mozos e mozas de ata 40 anos, permitíronlles participar de balde no taller de fotografía de David Jiménez que rematou o 31 de xullo na Casa Grande de Rosende.

No devandito obradoiro, que se desenvolveu na Casa Grande de Rosende, participou un grupo de 24 personas de diferentes puntos de España, Escocia, Francia e Portugal. Ademais de falar do seu traballo, o devandito fotógrafo tamén coñeceu os proxectos persoais das persoas asistentes a este taller que organizou a entidade La Plantación. Encuentros y Conocimiento.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...