HomeCulturaTeatro e unha exposición para celebrar na Pobra do Brollón o Ano...

Teatro e unha exposición para celebrar na Pobra do Brollón o Ano Castelao

Na conmemoración do 75 cabodano de Castelao, o Concello da Pobra do Brollón acolle unha exposición e unha obra teatral sobre a obra dun dos intelectuais galegos máis influentes, grazas a unha colaboración coa área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición ‘Sempre en Galiza. 1944-2024’ é unha mostra dedicada á obra cume de Castelao e ao seu impacto no pensamento político e no nacionalismo galego. Trátase dunha serie de paneis con textos explicativos, fotografías e debuxos do autor.

A exposición pode visitarse no salón de actos da Casa da Cultura ‘Olga Novo’ desde este xoves ata o 29 de agosto, de luns a venres en horario de 10:30 a 13:30, pasando previamente pola Biblioteca municipal para solicitar a chave.

O sábado, 30 de agosto, tamén na Casa da Cultura, terá lugar a representación teatral ‘Cousas de Castelao’ da compañía Os Quinquilláns. A peza é unha divertida versión da colección de relatos Cousas que transita entre a traxedia, a comedia e a farsa e na que están presentes os grandes temas da obra orixinal: ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social…

O espectáculo comezará ás 20:30h cunha visita teatralizada á exposición ‘Sempre en Galiza’. Ás 21:00h comezará a obra teatral cunha duración aproximada de 55 minutos

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...