HomeCulturaChantada, viño e Folión

Chantada, viño e Folión

Dous dos estandartes do Concello de Chantada, o viño e o Folión de Carros, protagonistas das respectivas exposicións no propio concello e en Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A Capela de Santa de María, na capital da provincia, acolle ata o 30 de marzo, a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro. A colección de 25 obras, foi unha iniciativa da Asociación Cultural Amigos do Folión, co apoio da Deputación e do concello de Chantada. Pódese visitar en horario de 11:00-14:00, e 17:00-20:00.

A exposición contribúe a poñer en valor o mundo do carros na provincia de Lugo e, en particular, os da comarca de Chantada e o seu tradicional Folión, declarada Festa de Interese Turístico no 2002. O Folión de Carros celébrase o sábado da cuarta fin de semana de agosto, coincidindo coas Patronais de Chantada. O Folión é unha representación da cultura popular e da etnografía desta terra.

A orixe desta cita remóntase a Idade Media, cando os gremios, en ocasións, se reunían, podéndose ver representacións dos diferentes oficios que había na contorna. Na actualidade, no Folión adóitase ver a muiñeiros, zoqueiros, carpinteros, traballos do campo ou silumando a vendima.

A autora, Lydia Castro, é Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e técnica superior en Fotografía pola EASD Antonio  Faílde de Ourense. Realizou estancias en diferentes institucións culturais, como o Vitoria & Albert  Museum de Londres ou o Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico ( IAPH) de Sevilla, onde se especializou en dixitalización de fondos fotográficos e bibliográficos históricos, así como en fotografía documental das diversas ramas do patrimonio cultural, hoxe convertido na súa paixón.

E o auditorio de Chantada acolle ao o 24 de marzo, a mostra de fotografías do II Concurso Christina Snellman “Viña Sacra” que organiza a Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada coa colaboración do concello. A mostra inaugurábase o pasado día 2 e a celebración da 37 edición da Feira do Viño de Chantada, na segunda fin de semana de marzo pode ser unha unha ocasión perfecta para visitala.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...