HomeCulturaO colectivo Lemos Le celebra o 'Día das Bibliotecas'

O colectivo Lemos Le celebra o ‘Día das Bibliotecas’

Organizarán un xantar de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación, no Restaurante Tres Portas no Concello do Saviñao o vindeiro 24 de outubro. O lema deste ano é “Contra a desinformación: bibliotecas” e a convidada literaria será Susana Villaverde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O colectivo Lemos Le, formado por bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais (BPM) e a Asociación de Librarías da Comarca de Lemos, festexa un ano máis o ‘Día das Bibliotecas’. Será a XII edición deste encontro que promoven diferentes sectores da cultura na contorna de Lemos e terá lugar no Concello do Saviñao onde haberá un xantar o sábado 24 de outubro ás 14:00 h no Restaurante Tres Portas. O lema que propoñen este ano é “Contra a desinformación: bibliotecas”, unha mensaxe que quere salientar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas na loita contra a desinformación. Dende a organización lembran tamén que “quen desexe asistir poderá recoller a súa entrada en calquera das bibliotecas do colectivo a un prezo de 40 euros”.

O colectivo está formado actualmente polas seguintes bibliotecas escolares: CEIP A Gándara, CEIP Plurilingüe Monforte, CEE Infanta Elena, Escola Oficial de Idiomas, IES Daviña Rey, IES A Pinguela e IES Río Cabe  de Monforte de Lemos, CEIP A Pobra de Brollón, CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón, CEIP P. Virxe do Carme de Sober, CEIP Rosalía de Castro de Bóveda e CPI Dr. López Suárez do Saviñao. Así como as Biblioteca Públicas Municipais da Pobra do Brollón, Bóveda, O Saviñao e Sober.

COLABORACIÓN ESPECIAL PARA ESTA DATA

O evento contará este ano coa colaboración literaria de Susana Villaverde, galardoada co premio do Certame de Microteatro de Memoria Histórica –impulsado pola Deputación de Pontevedra e pola ESAD– pola obra Espigas negras, baseada na revolta de mulleres que tivo lugar no Saviñao en 1946 na defensa do gran de centeo que precisaban para dar de comer ás súas familias, así como a súa relación coa loita guerrilleira e a resistencia ante o réxime e os abusos da Garda Civil.

COLABORADORES DOUTRAS EDICIÓNS

Outros autores e autoras da comarca de Lemos que participaron en pasadas edicións foron Moncha Prieto, Dani Viéitez e Iria Iglesias, Olga Novo, Manuel Veiga, Lois Diéguez, Ramón Sandoval, Xabier Quiroga, Alicia Fernández, Flora Enríquez, Noa Moreira, Margarita R. Otero, Antón Lopo ou o Colectivo Erre que Erre e Regueifa Rabuda.

ÚLTIMAS

“Rumiando”, un libro de Josebe Blanco para reflexionar sobre o xeito de estar no mundo para intentar melloralo

Josebe Blanco Álvarez cóntanos que naceu en Salceda de Caselas e ao pouco tempo...

‘Aula Ricardo Rodicio’ na Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón

Unha das aulas da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón leva dende...

Teatro, cine e citas tradicionais no Outono Cultural de Pantón

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e...

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do...