Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata», o thriller de Pepe Gómez Sandes. O encontro incluirá a presentación da obra e a firma de exemplares. Publicado por Editorial Seleer, este thriller converte o Camiño de Santiago en escenario dunha historia de segredos, crimes e xiros inesperados. Un grupo de amigos volve reunirse dez anos despois, pero o pasado pronto regresa en forma de novas traxedias.
A elección de Sarria, un dos grandes puntos de partida do Camino Francés, reforza o vínculo da novela co roteiro xacobeo e con Galicia, cuxas paisaxes e localidades teñen un papel salientable na historia. O autor invita óss lectores e amantes da novela negra a acompañalo nesta cita literaria.

