HomeCulturaCarballedo, Taboada e Pantón próximas paradas do Ciclo de Teatro Afeccionado da...

Carballedo, Taboada e Pantón próximas paradas do Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidecia

A fin de semana do cambio de mes achega novas funcións do Ciclo de Teatro Afeccionado da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O ciclo, pensado para achegar o teatro ás axendas culturais dos concellos, terá representacións en Burela, Carballedo, Taboada, As Nogais, Monterroso e Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado, 31 de outubro, ás 18:00 horas o Salón de actos da Casa do Concello de Carballedo acolle a representación de “A Rateira” de Argalleiras Teatro. Tras cometerse un asasinato en Londres, o sarxento de policía Trotter preséntase nun pequeno hotel, afastado e illado pola neve, para avisar aos seus moradores de que un asasino está a piques de chegar co propósito de cometer un crime. Ninguén parece crer as palabras do axente, pero cando unha das hóspedes é asasinada, todos se alarman. De feito comezan a pensar que o asasino ou asasina se atopa entre eles. Dado o estraño comportamento dalgúns personaxes e a excentricidade doutros, semella que todos teñen algo que ocultar. A intriga e o misterio están servidos.

Tamén o sábado, 31 de outubro ás 18 horas no Local da ACV Santa Mariña de Cerdeda (Taboada), o porá en Grupo de Teatro de Antas de Ulla porá en escena “Tres nun banco”. Tres pezas de microteatro que transcorren arredor dun banco situado nun parque. Peza 1: tres xubilados atópanse a diario nun banco do parque, conversan da vida cotiá, as novas do xornal, os netos, as novas tecnoloxías… Peza 2: tres amigas de toda a vida levan algún tempo sen verse, unha misteriosa cita por whatsapp volve a reunilas no banco do parque da vila na que viviron durante décadas, as tres teñen algo que contar… Peza 3: unha remoledación do parque altera a rutina dos tres xubilados, que non están dispostos a deixarse vencer, os costumes hai que mantelos. Conversando sobre as obras, as vellas lembranzas, o viño de misa e un curso de inglés, os tres amigos chegan a unha despedida inesperada…

A Casa da Cultura do Castro de Ferreira (Pantón) acolle o día o domingo, día 1, ás 18:00 a representación de “Hotel Esperanza” do grupo de teatro Viraventos. Esta peza é unha comedia coral vertixinosa na que a vida entra por todas as fendas. Durante unha hora en tempo real, antes do cambio de quenda na recepción do Hotel Esperanza, hóspedes e empregados tentan facer o de sempre… sen éxito. Entradas, saídas, contas pendentes e maletas perdidas mestúranse sen orde. Tamén no emocional. Un recepcionista ao límite, un dono impetuoso e controlador, uns traballadores peculiares, unha clientela moi variada, indecisa e ás veces surrealista. Pequenos erros encadéanse ata formar un caos inevitable. As conversas crúzanse, as identidades confúndense e todo se complica. Cada intento de poñer orde engade unha nova capa de desastre. Entre timbres, chaves rebeldes e decisións atrasadas, a espera convértese nunha convivencia forzada entre persoas moi dispares. O hotel vólvese un espello incómodo e divertido do que ocorre cando o tempo se esgota

ÚLTIMAS

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, na parroquia de Montefurado, celebra a súa ‘X Xornada Castañeira’ este 31 de outubro

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, entidade afincada na aldea dos Anguieiros, na parroquia...

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...