HomeCultura"Benvenuti al Sud" este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Tras a inauguración da segunda tempada este pasado outubro e a programación especial polo Samaín, o Cineclube Ateneo desenvolve a súa programación regular que se manten todos os venres ás 20:15h ata o mes de maio. Despois de comezar o pasado venres con "City fo Sale", este venres, 13 de novembro a cita é con "Benvenuti al Sud" (Benvidos ao Sur) V.O.S. Dirección: Luca Miniero Duración: 102 min

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes, con proxeccións en versión orxinal subtitulada (VOS) e a película do público, que poderá elixir entre tres propostas de diferentes xéneros, preseleccionadas polo grupo de contidos.
Seguirá habendo espazo para coloquios e debates en torno ao audiovisual e colaboracións con outros organismo e profesionais do sector. “Todo co obxectivo de promover e poñer en valor a produción audiovisual dentro e fóra do territorio e achegar á cidadanía da comarca un cine máis variado en canto a formatos e temáticas”, aseguran.

Ademáis destas novidades tamén se incorporan como colaboradores para esta tempada dous monfortinos vencellados á programación do cinema en Monforte. Ángel Arnaiz, coñecido xornalista de El Correo Gallego e membro no seu día da directiva do Cineclube A Calexa. Participará tamén na selección de contidos o profesor de historia, Alejandro Dadas Valcarce, espectador incodicional no Festival de Cine Fantástico (Fancine de Lemos), que ademáis dos seus coñecementos en historia é un notable cinéfilo e afeccioado a explorar nos circuitos máis undergorund da séptima arte.

Como novidade destacar tamén que o día 20 o Cineclube Ateneo será unha das sedes durante o pase de outono da 3ª edición do Vendaval (Mostra da Cinema Portugués da Ribeira). Un evento coordinado pola produtora audiovisual afincada en Lisboa, Tamara González López (Pantón,1987)

Este venres 13 ás 20:15 h proxectarase o remake da exitosa comedia francesa “Benvidos ao Norte”. Alberto (Claudio Bisio) traballa na oficina de Correos dunha pequena cidade do Norte de Italia. Presionado pola súa muller (Angela Finocchiaro), está disposto a todo con tal de conseguir o traslado a Milán, incluso a finxirse inválido; pero, cando o truco é descuberto, sancionano mandándoo a unha pequena vila de Campania, o cal para un italiano do Norte é unha auténtica pesadelo. Só e cheo de prexuízos trasládase á que considera a terra da camorra, dos paletos, dos preguiceiros

ÚLTIMAS

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...

Varios centos de persoas concentráronse en Monforte este 11N

En Monforte varios centos de persoas acudiron este mércores á convocatoria de mobilización que...

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día...

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...