HomeCulturaAulABERTA presenta o último poemario de Abraham Pérez este 19 de novembro...

AulABERTA presenta o último poemario de Abraham Pérez este 19 de novembro no Centro do Viño

A Asociación Educativa e Cultural aulABERTA organiza este xoves, 19 de novembro, unha nova cita coa literatura galega coa presentación de Praia artificial, o último libro do escritor lucense Abraham Pérez, publicado por Edicións e Producións Fetiche.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto celebrarase ás 19:00 horas no Centro do Viño de Monforte de Lemos e ofrecerá ao público a oportunidade de coñecer de primeira man ao autor e achegarse aos principais trazos dunha obra que invita a deterse, observar e mirar a realidade desde outras perspectivas.

Que pode haber detrás dunha praia que non é natural? Que relación gardan a memoria, a palabra, o tempo e a nosa propia existencia? Praia artificial propón unha viaxe poética suxestiva, construída a través de imaxes e reflexións que interpelan o lector e o convidan a ir máis alá do que aparece a primeira vista.

Abraham Pérez (Lugo, 1990) é graduado e mestre en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e conta tamén con formación en guión. A súa traxectoria literaria abrangue distintos xéneros, desde a poesía ata a narrativa, o diario e o ensaio, cunha escrita na que dialogan a reflexión filosófica, a experimentación literaria e a creación artística.

A súa obra, parte da cal foi traducida ao francés, inglés, portugués e castelán, sitúao como unha das voces interesantes da creación literaria galega actual. Amais da escrita, Abraham Pérez desenvolve intervencións artísticas en museos e galerías, nas que combina pensamento filosófico, literatura e arte conceptual, colabora con diferentes revistas especializadas como Grial, Luzes, Praza Pública ou Dorna e forma parte do grupo poético Lupercais.

Con esta iniciativa, aulABERTA reafirma o seu compromiso coa promoción da cultura, a lectura e a creación literaria, apostando por achegarlle á cidadanía autoras e autores que enriquecen o panorama cultural galego.

Screenshot

ÚLTIMAS

“O Son da Serra, cando O Courel derramou bágoas de cinsa” proxéctase este 19 de novembro no Multiusos de Samos

O Son da Serra, Cando O Courel derramou bágoas de cinsa é o filme...

Chantada humanizará co plan HURBE a conexión entre a rúa Doutor Fleming e a Avenida de Lugo

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e a Conselleira de Vivenda e Planificación...

Inscricións abertas ata o 9 de decembro para participar no Mercado de Nadal de Monforte

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde este mércores, 18 de novembro,...

O PP de Monforte non participará nos actos municipais do 25N

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte anuncian que non participarán nos...