HomeCulturaAberto o prazo para solicitar axudas para asociacións culturais

Aberto o prazo para solicitar axudas para asociacións culturais

Dende hoxe e ata o 29 de abril, as asociacións lucenses poden concorrer ás subvencións que ofrece a Deputación de Lugo para a organización de actividades de carácter cultural.

Publicado o

- Advertisement -

Trátase de axudas que poden ir dos 300 aos 3.000 euros e que se conceden a asociacións localizadas na provincia de Lugo de cara a programacións culturais que realicen ao longo do ano 2019 e nas que teñan especial protagonismo a música, o baile, as tradicións, o fomento da lingua e a potenciación do patrimonio material e inmaterial do pais.

En relación aos criterios que se fixan nas bases destas subvencións, puntuaranse favorablemente os proxectos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural. O orzamento total para repartir entre as asociacións que soliciten as axudas será o mesmo que o pasado ano, 280.000 euros.

En canto aos prazos, a execución da actividade será durante o ano en curso, antes, pois, do 31 de decembro. Unha vez realizada, o prazo para presentar a conta xustificativa da subvención remata o 31 de marzo de 2020.

O prazo para formalizar as solicitudes comeza hoxe e rematará o vindeiro 29 de abril. Para acceder ao BOP no que sae publicada a convocatoria das axudas, as bases e os modelos de solicitude podedes entrar no apartado correspondente da web da Deputación.

balance 2018

Na pasada edición o Goberno da Deputación achegou 309 axudas a entidades culturais para financiar outras tantas actividades de carácter cultural en 57 municipios lucenses, cun valor total de 280.000 euros a cargo da Deputación.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...