HomeDeportesAlejandro Losada e Laura Álvarez, campións de España de Taekwondo

Alejandro Losada e Laura Álvarez, campións de España de Taekwondo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu aos dous deportistas do Club Taekwondo Neka Monforte, Alejandro Losada (Alex Camba) e Laura Álvarez, en recoñecemento por proclamarse Campións de España de Taekwondo na modalidade de técnica, no Campionato de España de Taekwondo por seleccións autonómicas celebrado en Torrelavega (Santander) o 1 de febreiro de 2020.

Publicado o

- Advertisement -

Alejandro Losada, proclamouse Campión de España en categoría senior, mentres que Laura Álvarez se proclamou Campioa de España en categoría cadete.

Ademais o Consello Superior de Deportes vén de recoñecer a Alejandro Losada como Deportista de Alto Nivel a nivel nacional o que, ademais do recoñecemento persoal, supón o ter acceso a novas vantaxes tan a nivel económico como académico.

Tanto Alejandro como Laura estiveron a pasada fin de semana adestrando coa Selección Española de Taekwondo no Centro de Alto rendemento de Madrid, con vistas á preparación do Campionato do Mundo que se celebrará en Dinamarca.

O Alcalde entregoulles un trofeo conmemorativo e animounos a seguir competindo a este nivel e a seguir acadando éxitos que tamén o son para a cidade de Monforte.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte saca a licitación a Zona D

Despois de aprobar a finais de maio o proxecto construtivo da “Zona D”, o...

A AV do Saviñao solicita á Alcaldía a limpeza dos soares urbanos de Escairón

A asociación veciñal do Saviñao solicita a aplicación da lei 3/2007 do 9 de...

Monforte presenta o cartel das Festas Patronais deste 2025

Xa se coñece o cartel gañador das Festas Patronais da cidade de Monforte, que...

As obras de Adif entre Monforte e Lugo no informe da UCO por posible adxudicación irregular

A voceira popular, Katy Varela, sinala que, “segundo as informacións que nos chegan, nese...