HomeDeportesO Quixós volve de Mondariz con 15 medallas

O Quixós volve de Mondariz con 15 medallas

Satisfacción do club de piragüismo monfortino tras uns magníficos resultados nun campionato celebrado en Mondariz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na mañá de hoxe, 27 de setembro, tivo lugar o ‘Campionato Galego de Promoción Slalom’, unha competición na que o Club Quixós de Monforte chegaba a Mondariz con 20 barcos.

Santi Díaz, un dos responsables do equipo, amosaba a súa satisfacción despois do éxito acadado. Nada máis e nada menos que 15 medallas que se repartiron entre oito dos seus deportistas e convertiron ao club en campión galego deste encontro deportivo.

No que respecta á clasificación dos compoñentes da expedición do equipo, as posición foron as seguintes: Rodrigo foi 1º en Prebenxamín, Martín 1º en K1 e 3º en C1 Alevín, Sara 2ª en K1 e 2ª en C1 Alevín, Mara 3ª en K1 e 3ª en C1 Alevín, Noa 1ª en K1 e 1ª en C1 Infantil, Ximena 3ª en K1 e 2ª en C1 Infantil, Nerea 2ª en K1 e 3ª en C1 Infantil, Efrén 1º en K1 e 1º en C1 Infantil, Jacobo 6º en K1 e 6º en C1 Infantil, Xenxo 7º en K1 Alevín, Miguel 13º en K1 Infantil e José Andrés 14º en K1 Infantil.

Dos anteriores, aqueles que acadaron clasificarse entre os tres primeiros volveron a Monforte coas súas respectivas medallas.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...