HomeDeportesMoi bos resultados para o Quixós en Mondariz

Moi bos resultados para o Quixós en Mondariz

O club volve a Monforte satisfeito polas clasificacións acadadas. Detallamos os resultados dos 8 piragüistas participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O río Tea ao seu paso polo concello pontevedrés de Mondariz Balneario foi o escenario da 1ª Copa de Slalom olímpico 2021 para as categorías infantil, cadete, xuvenil e senior.

O Club Quixós de Monforte presentouse con 8 piragüistas, na que era a primeira competición do ano, e os resultados foron moi satisfactorios segundo nos conta o seu director deportivo, Santi Díaz.

Detallamos a clasificación por deportistas:

Nerea Gutiérrez foi segunda en K1 infantil; Jacobo 1º en C1 e 2º en K1 infantil; Noa 1ª en K1 e 2ª en C1 cadete; Ximena Prats 3ª en K1 e C1 cadete; Efrén Álvarez 3º en C1 e 6º en K1 cadete; Claudio Fernández 3º en C1 e 6º en K1 xuvenil; Gabriel Rodríguez 7º en K1 xuvenil; e Nicolás Díaz 14º en K1 senior.

Nas redes sociais de Quixós teñen xa subidas fotografías da súa participación no evento.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...