HomeDeportesPresentación da 47 edición da Subida a Chantada

Presentación da 47 edición da Subida a Chantada

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou este mércores, xunto con outras autoridades, na presentación da 47 edición da Subida a Chantada, que se celebrará do 30 de xullo ao 1 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada destacou a importancia desta proba, valedoira para o Campionado de España de Montaña, que se retoma logo da suspensión do ano pasado, tanto polos seus valores deportivos como polo “magnífico escaparate que supón para a promoción de Chantada e a Ribeira Sacra”.

Isabel Rodríguez destacou a iniciativa e a constancia da Escudería Chantada, que preside Alfonso Viana, e lembrou as especiais circunstancias sanitarias nas que se recupera a carreira, debido á pandemia do coronavirus. Por iso, pediulle a todos os afeccionados e deportistas que extremen as medidas de autoprotección, e que respecten tanto as restricións fixadas polas autoridades sanitarias como as normas de seguridade marcadas pola organización.

“É preciso ter en conta que todos temos responsabilidade na nosa saúde e na saúde colectiva e atendendo as medidas de prevención contribuiremos, tamén, ao éxito desta proba deportiva”, indicou. 

Rodríguez explicou que “desde a Subdelegación do Goberno colaboramos coa organización na seguridade da carreira,  para o que esta fin de semana farán un esforzo especial tanto os axentes da Garda Civil  como os do subsector de Tráfico”. 

“Confiamos en que, coa axuda de todos e a pesar das dificultades destes tempos que vivimos, a carreira sexa un éxito e que se desenvolva felizmente e que poidamos recordar esta edición non polas restricións sanitarias senón polos éxitos deportivos dos corredores”, concluíu

ÚLTIMAS

A mostra expandida “Un cadro nun lugar” amosa en empresas e institucións da Ribeira Sacra a pintura de Manuel Jorge

A mostra expandida, "Un cadro nun lugar", implica a cesión en déposito de cadros...

Concentración o 28 de outubro ás 12:00 diante do Hospital de Monforte

Os nacionalistas demandan que se dote de persoal e medios humanos suficientes o centro...

O BNG de Quiroga anima as redes sociais co concurso “Celebrando a Castelao”

O BNG de Quiroga, continuando coa celebración do 75 cabodano do falecemento de Castelao,...

Esperta Monforte leva a pleno traballar cara unha “cidade 30”

O límite de velocidade de 30Km/h, nas rúas dun carril por sentido de circulación...