No concello de Carballedo actuouse na pista polideportiva do complexo deportivo da Barrela, que contou cun orzamento total de preto de 50.000 euros. O campo de xogo é un rectángulo formado pola soleira de formigón de 42 por 24 metros para encaixar os terreos de fútbol sala (40 por 20) e de baloncesto (28 por 15). O pavimento elixido é de formigón pulido e o equipamento da pista dúas porterías de fútbol sala e dúas canastras de baloncesto que se poden retirar para a práctica do fútbol sala.
No Concello de Taboada reformouse a bancada do campo de fútbol e construiuse unha pista de pádel no complexo deportivo da Medela. No caso do campo de fútbol, leváronse a cabo as obras de peche dos laterais dos gradaríos, dado que nas épocas invernais polo efecto do vento e das augas pluviais quedan totalmente inservibles. Ademais realizouse a tabiquería nos peches e divisións interiores dos vestiarios. Respecto á pista de pádel, a estrutura principal é metálica de aceiro laminado e o revestimento do pavimento d e céspede artificial fibrilado de última xeración lastrado con area de sílice. Instaláronse ademais catro focos de 200 watios.
No Concello de Chantada instalouse o videomarcador no polideportivo municipal e reformáronse os vestiarios. No caso do videomarcador, trátase dunha pantalla LED deportiva duns 10 m2 con tecnoloxía de última xeración que contou cun orzamento total de 24.200 euros. No caso da reforma dos vestiarios, remodeláronse os catro vestiarios existentes no complexo deportivo conservando unicamente a tabiquería perimetral dos catro locais, así como o aseo do árbitro e o pintado do vestiario e colocación dun pavimento igual ao aseo. En total foron 48.000 euros.