HomeDeportesInaugurado o videomarcador deportivo do pavillón da Pinguela

Inaugurado o videomarcador deportivo do pavillón da Pinguela

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou nesta mañá de mércores, 22 de decembro, o novo videomarcador deportivo Led de última xeración do Pavillón Polideportivo Municipal da Pinguela, que foi adquirido por un importe de algo máis de 27.000 euros.

Publicado o

POR
Redaccion
- Advertisement -

No acto inaugural, o Alcalde estivo acompañado polo Secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, e polo Xefe do servizo provincial de deportes, Manolo Cadramón, así como a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entre outras autoridades.

O Alcalde salientou “cóntase dende hoxe cunha ferramenta esencial para o desenvolvemento de todo tipo de eventos deportivos, e tamén facilitará os adestramentos e competicións dos equipos monfortinos que habitualmente usan estas instalacións, como o Club Voleibol Ribeira Sacra, o Club Korbis ou o Club de Ximnasia Rítmica Quicela, así como as actividades dos centros educativos da cidade”.

Esta Pantalla Led, que ten unhas dimensións de 10 m2 (4 x 2,5 m.),  pode utilizarse como marcador electrónico multideporte, como pantalla publicitaria ou como soporte audiovisual para calquera evento deportivo ou non deportivo, “polo que permite darlle un valor engadido ó pavillón da Pinguela”.

No Pavillón Polideportivo da Pinguela, que se ubica na estrada de Sober, adestran e compiten diversos clubes da cidade e alberga eventos deportivos de diversas modalidades como taekwondo, ximnasia rítmica e voleibol.

Nas instalacións do pavillón tamén se levan a cabo actividades propias do deporte escolar monfortino, dispútase a liga local de fútbol sala e lévanse a cabo as actividades do Programa Deportivo de Verán que organiza o Concello de Monforte cada ano.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...