HomeDeportesOs nadadores do C.N. Monforte seguen mellorando resultados no Campionato Galego celebrado...

Os nadadores do C.N. Monforte seguen mellorando resultados no Campionato Galego celebrado en Ourense

Durante os días 18, 19 e 20 de febreiro, disputouse o campionato galego junior, infantil e copa senior na piscina Rosario Donas de Ourense. A esta competición asistiron 12 nadadores do Club Natación Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En canto aos resultados:

– Esther Martínez estivo preto das súas mellores marcas en 50, 100 e 200 libres.

– Elena Arias, mellorou as súas marcas en 50 bolboreta e 50 braza e tamén realizou a súa mellor marca en 200 braza en piscina de 50 metros.

–Hugo López realizou un digno 50 libres, volvendo á competición despois dunha etapa na que non puido adestrar.

–David Conde estivo preto da medalla nos 200 estilos pero non conseguiu estar fino nas probas de 100 e 200 braza.

–Laura Senra rebaixou a súa mellor marca nalgo máis de medio segundo nun excelente 50 bolboreta.

-Ismael Pérez, destacou nas probas de 50 que disputou, 50 braza, 50 bolboreta e 50 costas, nas 100 costas non conseguiu baixar a súa marca.

– Pablo Valcarce, tivo unha boa actuación nas 200 costas, 200 estilos , 50 costas e algo máis discreta nas 100 costas. Boa volta á competición en piscina de 50 para el!

– O equipo infantil formado por María Caplea, Alla Castro, Martina Vila e Esther Martínez, clasificouse para as substitucións 4×100 libres e estilos nos que os seus compoñentes loitaron por mellorar a súa cualificación nas listas de rexistrados e varios dos seus compoñentes realizaron mellores marcas persoais en piscina longa.

– Odei Arias volveu competir tras 4 semanas de quitarse a escaiola por unha fisura no peroné e aínda que non estaba no seu óptimo estado de forma, quixo competir e mellorou as súas marcas en piscina de 50 nas 2 probas de costas que disputou, o 200 e o 100 e nesta última, logrou subir ao caixón e colgarse o bronce.

Odei Arias / CN Monforte

ÚLTIMAS

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...

OPINIÓN: O Bóveda Slam Poetry no XV campionato de Poetry Slam España

A cidade de Cartaxena acolleu, os días 17, 18 e 19 de setembro, o...

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...