HomeDeportesHomenaxe de Monforte ós atletas do Neka polos éxitos no Campionato do...

Homenaxe de Monforte ós atletas do Neka polos éxitos no Campionato do Mundo

O Salón de Plenos da Casa do Concello acollía a homenaxe ós oito deportistas do Club Taekwondo Neka, polos excelentes resultados que acadaron no Campionato do Mundo de Taekwondo que se celebrou en Goyang (Corea do Sur) entre o 21 e o 24 de abril de 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de recoñecemento, o Alcalde estivo acompañado polos 8 deportistas homenaxeados, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, así como familiares e representantes do Club Neka.

Os resultados conseguidos no Campionato do Mundo de Taekwondo polos deportistas do Neka en Corea do Sur son os seguintes:

  • Laura Álvarez Suárez: 3ª clasificada en modalidade parellas (medalla de bronce).
  • Daniel Arel Grejs:
    • 3º clasificado en modalidade parellas (medalla de bronce)
    • 5 clasificado en modalidade de trío.
  • Marco García Martínez: 5º clasificado en modalidade de trío.
  • Aitor Teijeiro Elidio: 6º clasificado en modalidade de parellas.
  • Lucía Roca Rodríguez: 6ª clasificada en modalidade de parellas.
  • Karla Novo Taboada: 9ª clasificada en modalidade trío
  • Carlos Rey Cuadrado: participación en 1ª ronda (modalidade trío)
  • Alejandro Losada Rodríguez: participación en 1ª ronda (modalidade trío)

O Alcalde, en nome de todos os monfortinos, felicitou aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial”.

Dende o Equipo de Goberno analizan establecer unha liña de subvencións destinadas a Clubs Deportivos do Concello de Monforte que participen en Campionatos oficiais de España, de Europa e/ou do mundo. “Esta liña de axudas será independente da subvención nominativa que cada club teña asignada, e o obxectivo da mesma e contribuír a sufragar os gastos que lle supón a un club deportivo clasificarse para unha competición fora da Comunidade Autónoma e incluso fora de España e de Europa”, explicou o rexedor monfortino.

ÚLTIMAS

Reactivadas as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

Como vén sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de...

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón...

12 creacións e 3 participantes nas coplas para celebrar ‘Os maios’ en Monforte

O pasado mércores 7 de maio celebrouse en Monforte unha nova edición do Concurso...