HomeDeportesAxudas para os clubs monfortinos que compitan a nivel nacional, europeo ou...

Axudas para os clubs monfortinos que compitan a nivel nacional, europeo ou internacional

A dotación económica desta partida aprobada polo Concello de Monforte é de 12.000 euros, concederase polo procedemento de concorrencia non competitiva e o prazo para solicitala remata o 14 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar a posta en marcha dunha nova liña de axudas que contribuirá a que os clubes monfortinos poidan acudir ás distintas competicións nacionais e internacionais, así como a axudar a aqueles clubs que xa participaron nalgunha destas competicións durante este ano 2022 –concretamente entre o 1 de xaneiro e o 14 de outubro–.

“Conscientes do bo momento polo que está a atravesar o deporte monfortino, onde son varios os clubs que se clasifican para participar en campionatos de España, de Europa e mesmo do mundo, e conscientes tamén do esforzo económico que isto supón para os club implicados, dende o Equipo de Goberno poñemos en marcha unha nova liña de axudas dirixidas a sufragar gastos pola participación de clubs de Monforte en Campionatos de España, de Europa e do mundo durante o ano 2022”, subliñou o Alcalde.

Trátase dunha liña de axudas que se concederá polo procedemento de concorrencia non competitiva aos clubs que cumpran co requisito de ter participado no Campionato de España, de Europa ou do mundo no ano 2022. Deste xeito, as solicitudes non competirán entre elas e os clubs percibirán as axudas –sempre que se cumpren os requisitos esixidos– por orde de presentación ata que se esgote a dotación de 12.000 euros aprobada polo equipo de goberno municipal.

As bases desta liña de axudas foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o martes 20 de setembro, polo que o prazo de presentación de solicitudes finalizará o 14 de outubro de 2022. Nelas establécense, entre outras cousas, as contías segundo as modalidades por equipos ou individuais, e os requisitos dos beneficiados.

ÚLTIMAS

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...