HomeDeportesInauguración do novo céspede do campo de fútbol da Pinguela

Inauguración do novo céspede do campo de fútbol da Pinguela

A obra consistiu na renovación total do terreo de xogo do campo, para o cal retirouse a cuberta vexetal de toda a superficie de céspede, e posteriormente realizouse un sementado en toda a área de xogo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Deportes e Servizos, José Manuel Mougán e José Luis Losada, ademais do Presidente do Club Lemos, Óscar Manuel López, inaugurou este domingo pola tarde o novo céspede do Campo municipal de fútbol da Pinguela, logo de que remataran a obras de renovación do terreo de xogo.

O rexedor monfortino recordou que “esta foi a primeira actuación deste tipo que se acometeu no Campo da Pinguela dende a súa inauguración no ano 1999, e gracias a ela dende o Equipo de Goberno vimos de mellorar significativamente estas instalacións e os servizos que nelas ofertamos”.

Este proxecto de mellora enmárcase dentro das actuacións en instalacións deportivas do Concello que está levando o Equipo de Goberno, e que inclúe o campo dos PP Escolapios así como o Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas.

A empresa que levou a cabo a obra de mellora no Campo municipal da Pinguela foi “Calfensa Proyectos S.L.” O Concello destinou un orzamento de 48.309,25 €. Logo do acto inaugural, no que tamén tivo lugar a actuación do grupo monfortino Batukada Creativa, foi o partido entre o Club Lemos e a Sarriana, o encargado de estrear o novo céspede.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...