HomeDeportesFin de Semana do CB Val de Lemos, que volve ter unha...

Fin de Semana do CB Val de Lemos, que volve ter unha categoría Infantil totalmente feminina

O partido do senior ante Depordima foi aprazado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Benxamín: Barco 20 – 48 CB Val de Lemos. Primeiro partido de liga para o equipo, que dirixiu Celia, e tamén primeira vez en competición para moitos nenos, que o pasaron en grande xogando ó baloncesto.

Alevín Mixto: Ribadavia 6 – 57 CB Val de Lemos. Comezo inmellorable de liga para os rapaces e rapazas dirixidos por Verónica Arias, que grazas a un gran traballo de todo o equipo, conseguiron traer a victoria para Monforte.

Infantil Masculino: Barco 45 – 20 CB Val de Lemos. Non foi o día de cara ó aro para os rapaces do infantil, que tras un comezo igualado, viron como os locais se escapaban no marcador e levaban o triunfo.

Infantil Feminino: Verín 72-44 Berso Val de Lemos. Tras moitos anos, voltamos a ter un equipo enteiramente feminino, que debutou esta fin de semana, e no que pese a ser o primeiro partido para a maioría, deixaron grandes detalles do ben que o poden chegar a facer.

Cadete: Maristas 40 – 67 CB Val de Lemos. Partido moi serio en defensa do equipo dirixido por Marga, que logrou unha cómoda ventaxa que soubo rentabilizar para levar a victoria.

Cadete CB Val de Lemos / CB Val de Lemos

Junior Abrente: Val de Lemos 57 – 61 AB Xinzo. Un mal comezo parecía presaxiar unha derrota clara dos monfortinos que chegaron ó descanso perdendo por 24-40. Pero tralo paso por vestiarios o equipo entonouse e mellorou, e estivo preto de levar a victoria nun axustado final no que Xinzo estivo máis acertado.


ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...