HomeDeportesQuiroga aposta polo voleibol

Quiroga aposta polo voleibol

O concello asinou esta semana un convenio coa Federación Galega de Voleibol co compromiso de que esta celebre actividades técnicas, de supervisión e control en Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

Na rolda de prensa que tivo lugar no salón de plenos da casa consistorial tivo lugar o acto de formalización por escrito do acordo entre as partes estando presentes o alcalde, Julio Álvarez, José Ángel Luna, Presidente da Federación Galega de Voleivol e Andrés Novoa, Concelleiro de Deportes.

Este último explicou os obxectivos deste convenio de colaboración, sendo de gran interese para o concello a promoción turística e tamén a promoción do voleivol, deporte que actualmente está tendo gran seguimento. Esta tendencia en aumento do interese por este deporte tamén vén dado en gran medida polos éxitos de dúas xogadoras tan importantes de voleivol como son Jenifer Mendoza, Carolina Camino e Sofía Carballedo. Actualmente participan nesta disciplina deportiva unhas 20 rapazas, dentro das Escolas Deportivas Municipais e conta xa coa colaboración do Club Ribeira Sacra de Monforte de Lemos.

O convenio terá unha vixencia de dous anos e durante este tempo faranse xornadas de tecnificación na categoría de cadete e infantil. En cada ano contémplanse catro xornadas deportivas nas que arredor de 70 persoas, entre xogadores/as e adestradores/as, se desprazarán a Quiroga. Dentro do mesmo tamén se prevé que durante Entroido e Semana Santa se fagan concentracións de 2 días para que os xogadores seleccionados preparen os campionatos de España.

Pola súa banda, José Ángel Luna, Presidente da Federación Galega de Voleivol, indica que ademais das xornadas de tecnificación tamén se disputarán encontros coas seleccións portuguesas froito doutro convenio que hai coa Federación do Norte de Portugal. Así mesmo destaca a importancia deste tipo de colaboración para crear afección por este deporte e poder contar con máis deportistas ‘seleccionables’.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...