HomeDeportesMonforte celebra a XIII Carreira Popular o 2 de abril

Monforte celebra a XIII Carreira Popular o 2 de abril

O Concello de Monforte xa ten data para a celebración da Carreira Popular do ano 2023, será o domingo 2 de abril. Será a edición número 13, logo de que a pandemia do COVID-19 obrigara a suspender a edición dos anos 2020 e 2021 e se puidera recuperar a edición do ano 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta cita organizada polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como  percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

“Nos vindeiros días, dende o Concello iremos informando convenientemente sobre aspectos relevantes do evento como o inicio das inscricións, o regulamento da proba, protocolos específicos, entre outros aspectos” indicou o Alcalde.

Dende o ano 2022 o Concello de Monforte conta coa páxina web www.monforte10k.com deseñada especificamente para promocionar e informar sobre a Carreira Popular monfortina, que ademais de conter toda a información do evento e poder realizar as inscricións nel, pódese consultar información de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e vídeos, etc.).

ÚLTIMAS

Hospitalizada unha menor tras caer na piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...