HomeDeportesMonforte homenaxea ao Club Taekwondo Neka e 16 dos seus deportistas polos...

Monforte homenaxea ao Club Taekwondo Neka e 16 dos seus deportistas polos resultados no Campionato de España

Este venres pola tarde o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, homenaxeou no Salón de Plenos da Casa do Concello ó Club Taekwondo Neka e a dezaseis dos seus deportistas, polos excelentes resultados que acadaron no Campionato de España que se celebrou en Alicante entre o 3 e o 6 de decembro de 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras competir contra 100 equipos participantes, O Club Neka resultou ser o equipo máis premiado de todo o campionato. Non soamente quedou Campión de España na categoría de adultos e Subcampión en categoría infantil, a estes magníficos resultados, hai que engadir catro medallas de ouro, unha de prata e catro de bronce en categoría individual. Na categoría de parella dúas medallas de ouro e unha de bronce e por último, unha medalla de ouro máis, na categoría de trío.

O Alcalde felicitou ao adestrador e aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial. Constitúe unha oportunidade única de promoción para a nosa cidade”. Tomé comprometeuse a seguir respaldando o deporte base e animounos a seguir traballando e a esforzarse para manter este nivel competitivo.

José Mª Vega, director deportivo do club monfortino, declarou sentirse moi orgulloso dos resultados acadados, que son consecuencia de todo o esforzo feito polos deportistas do club e agradeceu a recepción no Concello, “por constituír un recoñecemento ó gran traballo que están realizando estes deportistas, que tal e como afirma Vega, están levando o nome de Monforte por España.”

Os resultados acadados no Campionato de España de Taekwondo polos deportistas do Neka en Alicante, e polos que foron homenaxeados no día de hoxe, son os seguintes:

CLUB TAEKWONDO NEKA:

•   Campión de España en categoría adultos

•   Subcampión de España en categoría infantil

MEDALLAS DE OURO:

•   INDIVIDUAL:

  • -Inés Casal Peña
  • -Daniel Arean Grejs
  • -Laura Álvarez Suárez
  • -Alejandro Losada Rodríguez

•   PARELLA:

  • Lucía Roca Rodríguez e Aitor Teijeiro Elidio (categoría cadete)
  • Daniel Arean Grejs e Laura Álvarez Suárez (categoría junior)

•   TRÍO: Alejandro Losada Rodríguez, Carlos Rey Cuadrado e José Roca Rodríguez

MEDALLAS DE PRATA:

•   INDIVIDUAL: Alicia Castro Regal

MEDALLAS DE BRONCE:

•   INDIVIDUAL:

  • Karla Novo Taboada
  • Aitor Teijeiro Elidio
  • Marco García Martínez
  • Lucía Roca Rodríguez

•   PARELLA: Karla Novo Taboada e Marco García Martínez

Tamén participaron no Campionato: Aya Jabni López, Rosa Olmo Espinosa, Gael Díaz de la Fuente, Icia Marcos García, David Poyán López

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...