HomeDeportesFin de semana do CN Monforte con varias medallas e mínimas para...

Fin de semana do CN Monforte con varias medallas e mínimas para o Campionato de España

Esta fin de semana, 25 e 26 de febreiro, disputouse o Campionato galego Junior e copa senior de natación na piscina Rosario Donas en Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O club natación Monforte acudiu á cita de Ourense con tres nadadores e tres nadadoras. Martina Vila nadou as 50 costas, Elena Arias a 50 bolboreta, 50 braza e 100 braza e Esther Martínez o 50 e o 100 libres, todas moi preto das súas mellores marcas.

David Conde mellorou os seus rexistros en 50 e 100 braza e no 200 fixo un bo papel. Odei Arias mellorou nas súas 3 probas, 50 costas, 100 costas e 50 bolboreta. Javier Pontón nadou o 50 libres, 100 libres preto dos seus rexistros e mellorou nas 50 costas e 50 bolboreta.

Os medallistas foron: David Conde 2 bronces en 50 e 100 braza. Odei Arias 2 pratas en 50 costas e 50 bolboreta (mínima campionato de España junior de verán), ademais dun bronce en 100 costas. Javier Pontón prata en 50 libres e ouros en 50 bolboreta e 50 costas (ambas as mínimas para o campionato de España de verán)”.

David Conde (3º) / CN Monforte

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...