HomeDeportesQuixós, campión de España de piragüismo na Pontenova

Quixós, campión de España de piragüismo na Pontenova

O club monfortino alcanzou uns espectaculares resultados na 1ª Copa de España de descenso de augas bravas que se celebrou os días 4 e 5 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Quixós viaxaba a pasada fin de semana a terras da Pontenova para participar nunha competición a nivel nacional de descenso de augas bravas. O balance tras a volta, espectacular, pois chegaron cun primeiro posto por equipos e 21 medallas.

En modalidade clásica foron medalla de ouro: Noa K1 junior, Efrén K1 junior, e Ximena & Noa C2; medalla de prata conseguiron: Priscila K1 veterana, Jacobo K1 cadete, Ximena K1 junior e Jacobo C1 cadete; bronce foron: Carlos & Iván C2 senior e Diego C1 cadete.

En modalidade sprint medalla de ouro para: Noa K1 junior e C1 junior, Priscila K1 veterana e Diego C1 cadete; medalla de prata para Nerea & Diego C2 mixto, Jacobo K1 cadete e Jacobo C1 cadete; e trouxeron o bronce Gabriel & Carlos C2 senior, Ximena C1 junior e K1 junior, Efrén K1 junior e Carlos K1 veterano.

Foto da expedición do Club Quixós á Pontenova. Foto: Quixós.

Tamén tiveron unha gran participación aínda que sen alcanzar medalla: Esteban, Iago, Óscar, Jose, Yasmin, Santi e Nico.

Na clasificación por equipos o Quixós quedou primeiro, por diante do Cidade de Lugo –segundo– e O Barco que rematou terceiro.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...