HomeDeportesIV Concentración Babybasket en Monforte

IV Concentración Babybasket en Monforte

Será este 19 de marzo no Pavillón da Pinguela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 18 de marzo, o pavillón do Río Cabe terá unha doble cita de basket, ás 16:00 e ás 18:00 horas. Primeiro será o equipo senior, no derradeiro encontro do grupo e aínda con opcións de final four polo título, que recibe ao segundo clasificado e un dos mellores equipos da liga, o A.B. Xinzo.

Ás 18:00 h. o equipo cadete xogará ante o Bball o que será terceiro encontro da segunda fase polo título. Tratará de seguir coa boa dinámica da tempada e acadar un novo trunfo.

IV CONCENTRACIÓN BABYBASKET

Será o domingo 19 de marzo, un día grande para os cativos e cativas no Pavillón da Pinguela dende as 9:20 h. da mañá.

O CB Val de Lemos e a delegación ourensá da Federación Galega de Baloncesto, coa colaboración do Concello de Monforte e a froitería Terras de María Castaña, organizan a “Cuarta Concentración Babybasket” desta tempada.

Nesta categoría babybasket (que abrangue a nenos e nenas nados nos anos 2015, 2016 e 2017), non hai marcador, xa que o que prima é que os nenos e nenas o pasen en grande e comecen a familiarizarse co deporte da canastra, ademais de ir coñecendo valores como o compañeirismo ou a deportividade.

Participarán dez clubes (14 equipos) da delegación ourensá, cun total de 130 participantes:

CB VAL DE LEMOS, AB XINZO, MUEBLES VICTORIA BARCO, EDO BLANCO AMOR, BOSCO SALESIANOS, ABO OURENSE, CARMELITAS VEDRUNA, CB ALLARIZ, DEPORDIMA e CB MASIDE.

Dende o CB Val de Lemos convidan á xente a ir animar e a pasar un gran día vendo como os máis cativos e cativas dan os seus primeiros botes e anotan as súas primeiras canastras. Ademais, a xornada contará coa animación musical de Rafa Aguiar, de Radio Monforte.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...