HomeDeportesJorge Puig e Edymar Breu gañan na categoría absoluta da XIII Carreira...

Jorge Puig e Edymar Breu gañan na categoría absoluta da XIII Carreira Popular de Monforte

Este domingo Monforte acolleu a XII Carreira Popular coa participación de 1.132 persoas. A climatoloxía da xornada axudou e a cita resultou un éxito con gran ambiente de público, que abarrotou a zona de saída e meta, na Compañía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os atletas inscritos nas diferentes categorías da XIII Carreira Popular Concello de Monforte foron 1.132 persoas, o cal significa que o interese pola proba monfortina segue ano a ano e repártense en categorías distintas con distancias tamén diferentes en función da idade dos participantes.

O alcalde subliñou que “seguimos  recuperando eventos importantes dentro do noso calendario anual de actividades nunha volta á vida normal. É unha gran satisfacción que esta cita atlética resultara todo un éxito, e unha gran noticia a gran participación nas probas de menores porque con estas actividades contribúese a que adquiran o hábito de practicar deporte e levar unha vida saudable”.

Na entrega de premios posterior a todas as probas disputadas, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, as concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Muller e Igualdade, Margarita López, e Consumo, Regina López e o  voceiro municipal do BNG Emilio Sánchez.

Na categoría masculina absoluta, o gañador foi Jorge Puig Malvar mentres que na absoluta feminina, foi a deportista Edymar Breu Abreu a gañadora.

ÚLTIMAS

Medio Rural destaca as agrupacións forestais de xestión conxunta para evitar o abandono do monte

A conselleira que tamén estivo acompañada polo alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo, destacou...

O BNG de Pantón reclama ao Congreso solucións á situación de Santo Estevo do Sil

Desde o BNG consideran necesario solucionar os accesos a Santo Estevo do Sil e...

Monforte espera un gran Desfile de Martes de Entroido tras confirmar 1.296 inscritos

O Alcalde de Monforte de Lemos vén de anunciar, tras pechar o prazo de...

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...