HomeDeportesMasterclass en Monforte da ximnasta Polina Berezina

Masterclass en Monforte da ximnasta Polina Berezina

A ximnasta da selección española competirá nos Xogos Olímpicos de París 2024 na modalidade individual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, clausuraron este domingo a masterclass impartida no Pavillón polideportivo municipal da Pinguela por Polina Berezina, ximnasta da selección española clasificada para os Xogos Olímpicos de París 2024, que compite na modalidade individual.

Os representantes municipais fixeron entrega á ximnasta dun trofeo conmemorativo da súa visita a Monforte, unha réplica da Torre da Homenaxe, e o libro da Historia de Monforte, de Germán Vázquez.

A masterclass foi organizada polo Club Quicela, e contou coa colaboración do Concello de Monforte.

Polina Berezina recoñecemento concello de Monforte / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...

Dimite a concelleira de Igualdade de Monforte e a súa acta será asumida por Miguel Tomé, fillo do alcalde

A concelleira de Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López Rodríguez, presentou a súa...

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente...