HomeDeportesRecoñecemento de Monforte ao Club Neka e 18 dos seus deportistas polos...

Recoñecemento de Monforte ao Club Neka e 18 dos seus deportistas polos resultados nos Campionatos de Europa e de España de Taekwondo

En ambos campionatos, foron un total de 24 medallas, 13 de ouro, 4 de prata e 7 de bronce, as que conseguiron os deportistas do Neka, ademais do bronce no Campionato de España como Club por equipos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os resultados acadados no Campionato de Europa de Taekwondo polos deportistas do Neka en Innsbruck (Austria) os días 24 e 25 de novembro, foron:

-Campións de Europa en categoría Trío senior:

  • Alejandro Losada Rodríguez
  • Carlos Rey Cuadrado
  • Daniel Arean Grejs

-Campións de Europa en categoría Parella junior:

  • Laura Álvarez Suárez
  • Marco García Martínez

– Medalla de prata en categoría Junior individual: Laura Álvarez Suárez.

– Medalla de prata en categoría Junior individual: Marco García Martínez.

– Medalla de bronce en categoría Senior individual: Carlos Rey Cuadrado.

O Campionato de España celebrouse o 6 de decembro en La Nucia (Alicante) cos seguintes resultados para o Neka:

-Campións de España en categoría Trío senior:

  • Alejandro Losada Rodríguez
  • Carlos Rey Cuadrado
  • José Roca Rodríguez

-Campións de España en categoría Trío Junior:

  • Marco García Martínez
  • Aitor Teijeiro Elidio
  • David Poyán López

-Medalla de bronce en categoría Parella junior:

  • Lucía Roca Rodríguez
  • Aitor Teijeiro Elidio

-Medalla de ouro en categoría Individual infantil: Alicia Castro Regal

-Medalla de ouro en categoría Junior individual: Laura Álvarez Suárez

-Medalla de prata en categoría Junior individual: Marco García Martínez

-Medalla de prata en categoría Senior individual: Carlos Rey Cuadrado

-Medalla de bronce en categoría Benxamín individual: Lola Díaz Rodríguez

-Medalla de bronce en categoría Senior individual: Alejandro Losada Rodríguez

-Medalla de bronce en categoría Senior individual: Daniel Arean Grejs

Tamén participaron no Campionato de España:

  • Icía Marcos García
  • Inés Casal Peña
  • Gael Díaz De La Fuente
  • Rosa Olmo Espinosa
  • Iván Castro Regal
  • Alba Díaz Rodríguez
  • Daniela Varela Otero

Ademais, o Club Taekwondo Neka conseguiu neste Campionato de España a medalla de bronce por equipos, algo polo que tamén foi homenaxeado polo Alcalde. No Campionato de España por Seleccións Autonómicas recibiu medalla de bronce en categoría infantil individual: Alicia Castro Regal.

O alcalde, José Tomé, en nome de todos os monfortinos, felicitou ó adestrador, José Mª Vega, e ós deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial. Constitúe unha oportunidade única de promoción para a nosa cidade”. José Tomé comprometeuse a seguir respaldando ao deporte base e aos clubs como o Ximnasio Neka.

Pola súa banda, José Mª Vega, director deportivo do club monfortino, declarou sentirse moi orgulloso dos resultados alcanzados, que son consecuencia de todo o esforzo feito polos deportistas do club. Ademais agradeceu a recepción celebrada no Concello, por constituír un recoñecemento ao gran traballo que están a realizar estes mozos deportistas, “levando o nome de Monforte por diferentes campionatos nacionais e internacionais”.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...